Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Malpica prepárase para a Cea das Letras

Edenicas - Malpica copia
Malpica prepárase para a Cea das Letras

Este venres Andrea Fernández, autora da obra “Edénicas” gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas” estará na Casa do Pescador, presentando o seu libro.

Esta acción cultural, englobada na programación de “Malpica nun mar de letras” está organizada pola A. C. Caldeirón e se desenvolverá ás 19.00 horas.

Fernández acadou o recoñecemento na 16 edición deste premio literario convocado pola asociación Caldeirón e o Concello de Malpica. Recibiu o premio nun acto celebrado o pasado mes de novembro, no que o xurado escolleuna por unanimidade “polo seu sutil erotismo e pola súa luz poética” entre outros.

Un mar de Letras

E mentres, o Concello continúa coa programación das Letras Galegas e agarda que chegue a fin de semana da Ruta de Tapas Malpica sabe a mar.

Letras Malpica
Letras Malpica

Histórico dos Concursos de Poesía Erótica

Máis novas de poesía

Comentarios