Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica prepárase para a invasión dos Longboards

Malpica prepárase para a invasión dos Longboards
Malpica Longboard Classic 2014

Xa está en marcha a 2ª Malpica Longboard Classic. Se a Travesía a nado ás Sisargas será o 10 de agosto, os vindeiros 17 e 18 de maio terá lugar na vila bergantiñá unha das citas máis esperadas do circuito surfeiro galego, cunha parada tan especial como singular.

Unhas xornadas completas que arrincarán xa o venres 16 ás 15:00h coa apertura de inscricións e da zona de acampada libre. Pola tarde, as primeiras maniobras no Clinic, e pola noite, concerto de benvida no Submarino.

Xa o sábado arrincarán ás 9:00h, e ata ás 14:00h, as mangas, cos 32 participantes, pero atentos que ás 12:00h xa abre a ruta de viños e pinchos polos bares de Malpica, e ás 14:00h, xantar-concerto na zona de inscricións.
Pola tarde toca lonskate, máis mangas e cea a base de boas hamburguesas, e novo concerto no Submarino.

Quedará para o domingo as Finais, e a entrega de premios.

Concertos

Ademais teremos un par de noites de concertos.

Concertos Longboard Malpica

Máis información

Máis información e inscricións a partir do martes 22 de abril a través de malpicalongboardclassic.blogspot.com.

Novas relacionadas

Comentarios