Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica prepárase para recibir o espectáculo “Liberto”

  • Música e exposición tamén enchen a vida cultural malpicá
Liberto de Rebordelos
Malpica prepárase para recibir o espectáculo “Liberto”

Este venres, día 19 de novembro, chega a cuarta cita da XVII Mostra de Teatro do Concello de Malpica. «Liberto», de Rebordelos S. L., será protagonista no auditorio do Centro Cívico. A obra pertence ao xénero do drama e terá unha duración de 80 minutos. Está pensada, sobre todo, para o público adulto.

A través desta interpretación, poderemos facer a viaxe de Ada, unha muller nova que conta en primeira persoa a experiencia máis determinante da súa vida: o nacemento do seu segundo fillo. Durante o parto, o neno estivo un tempo sen osíxeno. Son dúas semanas de infinitos sentimentos que levan á protagonista a reflexionar sobre que o amor se manifesta de distintas formas, pero sempre esixe valentía.

Como xa é habitual, o horario programado será a partir das 20.30 e o aforo será limitado, polo que as persoas interesadas en asistir poderán reservar a súa entrada a través do correo [email protected]. Deberán indicar o nome e os apelidos de cada solicitante, o número de DNI se é o caso, un teléfono de contacto e os espectáculos nos que desexa realizar a reserva.

Máis cousas que facer en Malpica

Comentarios