Malpica recupera a normalidade no feble sistema de abastecemento de auga
- Eduardo Parga mantivo coa conselleira, Ethel Vázquez, unha reunión de traballo para solicitar financiamento do saneamento e depuración para o lugar de Beo.

O sistema de abasecemento de auga de Malpica volve á normalidade esta tarde, tralo segundo peche en apenas 2 meses. Despois do periiplo viivo este verán polo problema de trihaolometanos, o Concello tiña que volver pechar a auga municipal para consumo humano por mor dun vertido. Afortunadamente foi un caso puntual e tras limpar onte o depósito de Pedra Queimada, e durante esta noite o de Papeiras, o Concello reabre este mediodía de venres a auga.
Volve así a normalidade a un tremendamente feble sistema de abastecemento, que necesita investimento.
Reunión coa Consellería
Este mesmo venres, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o 2º tenente alcalde, Miguel Ángel Fernández,
mantiveron esta tarde un encontro de traballo coa concelleira de Infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas importantes para o Concello de Malpica.
O rexedor solicitoulle axuda á conselleira para o financiamento dunha obra de gran fundamental como é saneamento e depuración para o lugar de Beo. O orzamento para levar a cabo a abra sería de 774.619€, o cal a Xunta aportaría o 80% e o concello o 20%, Ethel Vázquez, comprometeuse a estudar o proxecto e a traballar para levalas a cabo o máis pronto posible.
Parga tamén expuxo a necesidade de facer unha actuación na vía AC-418, a altura do colexio Milladoiro, para mellorar o acceso tanto o centro educativo como ó Centro Cívico da vila.
Ademais o rexedor tamén pediu unha intervención no entorno da Rotonda da Balsa para que os viandantes que veñen de Cambre poidan cruzar a estrada sen perigo xa que é unha vía moi transitada.
NOVAS RELACIONADAS
- A agua da rede municipal do depósito de Pedra Queimada xa é apta para o consumo.
- 09-11-22: O Concello de Malpica ten que volver pechar o consumo de auga por un vertido.
- 13-10-22: A agua xa é apta en todo Malpica para o consumo humano tras 2 meses de problemas:
- 02-09-22: Malpica abre o segundo depósito e cobre o 80% da poboación:
- 25-08-22: Malpica abre un dos 4 depósitos tras case dúas semanas sen auga.
- 15-08-22: Malpica comeza a facer reparto de auga polas parroquias ante os problemas ca traída.
- 09-08-22: Seca: Augas confirma que queda un verán complicado na conca do Anllóns.