Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Malpica ten de novo dous médicos no Centro de Saúde

Malpica ten de novo dous médicos no Centro de Saúde

Finalmente Malpica durante o agosto puido ter pediatra durante o mes de agosto. as familias alertaban a finais de xullo que a vila quedaría sen pediatra cando se triplica a poboación, pero o Sergas reaccionaba enviando un substituto a tempo.

Algo semellante pasou a semana pasada cos médicos de atención primaria. Un par de días quedou o Centro de Saúde por baixas e vacacións. Pero gracias a rápida xestión do alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a boa atención e resposta da directora de Atención Primaria na Área Sanitaria da Coruña e Cee, Susana Santos, permite que o centro médico de Malpica volva contar dende hoxe con 2 médicos a xornada completa.

Esperan así que a dilatación nos prazos das citas se corrixa ao longo desta semana, Pardo agradécelle á directora “a súa colaboración desde o primeiro momento para solucionar esta carencia no noso ambulatorio”.

Novas relacionadas

Comentarios