Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco, cuarteto de ases en Malpica

09:05 25/01/12

Non descansan os compañeiros da A.C. Tralla de Malpica. De seguro que xa están co Nordestazo 2012 na cabeza, pero polo de pronto xa teñen artelladas dúas actividades. A primeira será unha cea baile no Restaurante Canta la Rana de Buño, para o 4 de febreiro. Pero teñen outra algo máis ambiciosa...
Trátase dunha noite de monólogos na Discoteca Costa da Morte, á que acodiráns os grandes mestres do país. Estarán Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco... Aí é nada.
A cita será o vindeiro sábado 3 de marzo, e as entradas custan 6€ (anticipada) e 9€ na taquilla. Parece unha cita como para non perdela.
Novas relacionadas
- Martín Varela escacha ca risa coa súa noite de monólogos.
- Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación:
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).