Xoves. 25.04.2024
El tiempo

PP e Cañizo presentan a moción de censura en Malpica

Alfredo Canizo tomando posesion da sua acta en 2019 xunto ao concelleiro do PP Miguel
Alfredo Cañizo tomando posesion da súa acta en 2019 xunto ao concelleiro do PP Miguel Ángel Fdez.
PP e Cañizo presentan a moción de censura en Malpica

Non tardaron nin unha semana en poñerse dacordo PP e Alfredo Cañizo dende que este deixara o grupo de goberno tras dous ano de bipartito malpicán.

Tras unha reunión celebrada onte nunha terraza dun bar da Coruña, o grupo popular chegou ao acordo co edil non adscrito e esta mañá de xoves presentaban conxuntamente a moción de censura no rexistro municipal.

Deste xeito, nun prazo de 15 días haberá un pleno no que se votará a investidura de Eduardo Parga, alcalde saínte nas pasadas eleccións de 2019, cando Cañizo pactou con PSOE e BNG para desequilibrar a balanza. Agora o PP, con 6 edís, sumará o de Alfredo Cañizo, que volve ser peza clave, como nos últimos 20 anos, na política municipal malpicá.

O PSOE valora dous anos de “progreso”

Tralo anuncio, o PSOE provincial quere destacar “os dous anos de progreso para Malpica” do Goberno municipal de Walter Pardo e afirma que a moción de censura responde só a “ambicións e intereses persoais”
A dirección socialista na provincia da Coruña denuncia a “incoherencia” e “oportunismo político” dun PP que nestes dous anos “só se dedicou a obstaculizar e criticar a xestión do municipal do Goberno municipal sen ofrecer nin unha proposta en positivo para o pobo”.

Denuncian que “PP e Cañizo comparten un único obxectivo: acceder ao poder a calquera prezo”.

Dende o PSOE valoran “o importante traballo desenvolvido polo goberno municipal de Walter Pardo nos últimos anos, dando un novo pulo ás infraestruturas do muncipio, ao polígono industrial ou ao Forno do Forte de Buño e apoiando ao sector tutístico e pesqueiro. Pardo apostou tamén por un entendemento entre administracións que foi clave para desbloquear proxectos fundamentais para Malpica que levaban anos no caixón, como o novo convenio coa Xunta para o Centro de Día.

Novas relacionadas

Comentarios