mércores. 30.04.2025
El tiempo

O programa musiqueiro da Mostra de Olería de Buño

Programa Mostra de Oleria Buno 2024
O programa musiqueiro da Mostra de Olería de Buño

Volven os Oleiros tomar o mando da Mostra de Olería de Buño, presentando o programa para a XXXIX edición. Unha Mostra organizada integramente pola Asociación de Oleiros coa colaboración da Deputación e a Asoc. O Quinteiro, que xa comeza este xoves 1 de xullo, ás 12:00h coa actuación do grupo tradicional local Malante.

As casetas dos oleiros estarán situadas no Parque García Alén en horrio de 11:00 a 14:00h e de 17:00h a 21:00h, e todos os días haberá un posto de filloas a cargo do Coro de Buño. Pero a música será protagonista.

O venres 2 de agosto, aproveitando o Día do Neno, haberá ás 11:30h obradoiros de barro para as crianzas, da man de María do Obradoiro Feituras e de Ana do Cambón. Ás 13:00h e ás 17:00h, Fran do Obradioro Gorín fará unha demostración en vivo ao torno. Ás 18:00h, Brais das Hortas trae un espectáculo infantil e ás 22:30h estrean o Rockolería cos concertos de Cloaca a e a pinchada de Maruxiña Dj.

Para o sábado 3 de agosto, será o rulo o que faga as demostracións ao torno ás 12:00 e ás 18:00h. O grupo Arrincadeira tocará ás 13:00h, mentres Roger&Band farán o propio ás 22:30h, e fin de festa en clave de queimada.

Para rematar, un gran domingo coas demostración, ás 12:0h e as 18:00 de Pablo, de Risco. Ás 13:00h, concurso de tortillas en viradeiras de barro e actuación das Raigañas. Ás 20:00h sorteo das rifas e fin de festa.

Máis novas

Comentarios