Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha Mostra para que Buño volva estar no mapa

Unha Mostra para que Buño volva estar no mapa
Os nen@s e a música tamén foron protagonistas da Mostra de Olería de Buño 2017 Os nen@s e a música tamén foron protagonistas da Mostra de Olería de Buño 2017

Moi positiva, sobre novo a nivel promocional foi esta XXXIV Mostra de Olería de Buño. Unha Mostra de cambio, de cambio na imaxe corporativa de todos os oleiros e de cambio na programación, que serve para que a xente coñeza a nova Mostra e para “colocar de novo Buño no mapa”. Así nolo conta Pablo Rodríguez, un dos organizadores deste ano da mostra xunto a Victoria Blanco. Recalcan que “a repercusión en ventas terá que chegar o ano que vén, pois é imposible o cambio se note tan cedo nas vendas”.

Pablo incide en que “maioritariamente a gran parte da xente que viu saíu, encantado”, destacando que a programación e a nova imaxe foron todo un éxito. “houbo algún día frouxo pola semana pero é normal, é imposible manter o ritmo das fins de semana, que estiveron ateigadas de xente. Este ano tocaba traballar para dar a coñecer a Mostra e parece que a resposta foi moi positiva.

De feito, gustou e moito o programa musical Festolería, que chega para quedar. “A verdade é que o Parque Luciano García Alén, un anfiteatro natural, préstase moi ben para estas cousas. Estivo cheo dando moita vida ao pueblo. Creo que vai ser aposta fixa cada ano”.

Algo que tamén triunfou foron as visitas guiadas e as actividades no Ecomuseo do Forno do Forte. Foi unha barbaridade de xente que houbo, todo o día aberto e cheo de nen@s, pais… realizando actividades. Ademais, a Carroa, a festa que se fai despois da cocedura, durante o segundo día da mostra, foi das que máis xente tivo nos últimos anos.

As vendas, estabilizadas

Outra visión a ofrece Carme Isabel Labrador, a presidenta dos Oleiros. ”Creo que quedamos estabilizados, como o ano pasado”, sinala en clave positiva. Falando sobre as ventas, Labrador sinala que “houbo uns anos que foi indo a menos, pero parece que estamos estabilizados, non é unha marabilla, pero non baixamos. Aínda hai moitas crise que pasar”, entende, facendo referencia a que “as cousiñas de 5-10€ son as que máis se venden. A xente non gasta, mira moito e dalle unhas cantas voltas antes de mercar, e despois deciden, non como antes, que ían mercando segundo ían vendo”.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios