Unha Mostra para que Buño volva estar no mapa


Moi positiva, sobre novo a nivel promocional foi esta XXXIV Mostra de Olería de Buño. Unha Mostra de cambio, de cambio na imaxe corporativa de todos os oleiros e de cambio na programación, que serve para que a xente coñeza a nova Mostra e para “colocar de novo Buño no mapa”. Así nolo conta Pablo Rodríguez, un dos organizadores deste ano da mostra xunto a Victoria Blanco. Recalcan que “a repercusión en ventas terá que chegar o ano que vén, pois é imposible o cambio se note tan cedo nas vendas”.
Pablo incide en que “maioritariamente a gran parte da xente que viu saíu, encantado”, destacando que a programación e a nova imaxe foron todo un éxito. “houbo algún día frouxo pola semana pero é normal, é imposible manter o ritmo das fins de semana, que estiveron ateigadas de xente. Este ano tocaba traballar para dar a coñecer a Mostra e parece que a resposta foi moi positiva.
De feito, gustou e moito o programa musical Festolería, que chega para quedar. “A verdade é que o Parque Luciano García Alén, un anfiteatro natural, préstase moi ben para estas cousas. Estivo cheo dando moita vida ao pueblo. Creo que vai ser aposta fixa cada ano”.
Algo que tamén triunfou foron as visitas guiadas e as actividades no Ecomuseo do Forno do Forte. Foi unha barbaridade de xente que houbo, todo o día aberto e cheo de nen@s, pais… realizando actividades. Ademais, a Carroa, a festa que se fai despois da cocedura, durante o segundo día da mostra, foi das que máis xente tivo nos últimos anos.
As vendas, estabilizadas
Outra visión a ofrece Carme Isabel Labrador, a presidenta dos Oleiros. ”Creo que quedamos estabilizados, como o ano pasado”, sinala en clave positiva. Falando sobre as ventas, Labrador sinala que “houbo uns anos que foi indo a menos, pero parece que estamos estabilizados, non é unha marabilla, pero non baixamos. Aínda hai moitas crise que pasar”, entende, facendo referencia a que “as cousiñas de 5-10€ son as que máis se venden. A xente non gasta, mira moito e dalle unhas cantas voltas antes de mercar, e despois deciden, non como antes, que ían mercando segundo ían vendo”.
Novas relacionadas
- A Mostra de Olería de Buño abriu a súa oferta de cultura e tradición.
- Carmen Isabel Labrador: “Renovamos a imaxe da Mostra da Olería e incorporamos novos grupos musicias para atraer ás novas xeracións”.
- A Deputación apoia con 80.000€ a 34ª edición da Mostra da Olería de Buño
- A Romaría de Santo Hadrián e a Olería de Buño ensalzan Malpica na Festur
- Unhas 15.000 persoas visitan Buño durante a Mostra da Olería
- Os Bolechas visitan a mostra da Olería de Buño
- A tradición reivindica Buño como epicentro artesán galego
- Carmen Isabel Labrador: “Xa temos ganas de que comece a Mostra da Olería de Buño”.
- A Mostra de Olería de Buño homenaxeará a Luciano García Alén.
- A Deputación destaca o potencial económico e turístico da olería de Buño.
- Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros
- O Pequeoleiros chega á súa fin
- Os escolares de Buño toman contacto coa olería
- A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Últimas Mostras
- 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)