Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación si axuda na xestión da Reserva Mariña dos Miñarzos

A Deputación si axuda na xestión da Reserva Mariña dos Miñarzos

Non o fai a Xunta a pesar de que debaría ser da súa competencia. Pero si o fai a Deputación da Coruña, que vén de asunar un convenio para o financiamento da xestión da reserva mariña de interese pesqueiro de Os Miñarzos,

Así o rubricou hoxe deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego da Deputación da Coruña, José Luis García, e o presidente da Confraría de Pescadores de Lira (Carnota), José Mariano Lago Louro, para apoiar a primeira experiencia destas características que se implanta en Galicia en na costa atlántica da Penísnula Ibérica.

A Deputacion da Coruna apoia a Reserva Marina dos Minarzos O responsable da área de Promoción Económica e Emprego da Deputación da Coruña, José Luis García, e o presidente da Confraría de Pescadores de Lira (Carnota), José Mariano Lago Louro

Segundo estipula o protocolo, a Deputación achegará 13.968 euros (o 70% do total) para o financiamento dos gastos correntes e de persoal que ocasiona o seguemento científico que ten lugar neste espazo mariño protexido e reservado únicamente para a pesca sostible, que ocupa unha extensión de 2.074 hectáreas dentro das que existen dúas reservas integrais, nas que está prohibida toda actividade extractiva agás as realizadas con fins científicos, dunhas 79 hectáreas.

Na reserva mariña aplícanse normas máis restrictivas que as establecidas pola normativa pesqueira xeral, referidas a períodos de actividade, tamaños mínimos das capturas e cotas de pesca por barco.

Ademais da protección dos recurso mariños, a Confraría de Lira está a impulsar tamén un programa de fomento do turismo pesqueiro, e un programa de mellora da calidade dos servizos pesqueiros, a transformación e a comercialización dos produtos artesáns do mar.

En todo caso, parece que queda pendente un dos graves problemas da mariña, a vixilancia contra o furtivismo.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

Comentarios