Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal
A Pesca de baixura da Costa da Morte tivo unha nova cita reivindicativa o pasado sábado 30 de maio. E tocou en Camariñas, seguindo o camiño percorrido xa en Corcubión, onde preto de 200 mariñeiros chegados de toda a bisbarra e con representación de todas as confrarías da zona (Malpica, Laxe, Camelle, Camariñas, Fisterra, Corcubión e Muxía) realizaron unha Marcha Pacífica entre a lonxa e a praza do Concello.
A defensa da pesca artesanal, da pesca sostible, e da necesidade de coidar os nosos recursos para asegurar o noso futuro volveron ser os lemas principais desta loita. Unha loita que pretende abrir os ollos da Xunta, do Ministerio de Agricultura, Agricultura, Alimentación y Medfio Ambiente, e, sobre todo, á Unión Europea, de coidar os nosos recursos e favorecer a pesca artesanal sobre a pesca de arrastre, unha pesca moito máis destrutiva (denuncian que faenando en zonas de menos de 100 metros de profundidade estragan 10 toneladas de peixe por cada unha que aproveitan) e que ademais non xenera tantos postos de traballo.
Denuncian a precariedade laboral na que se atopan a día de hoxe milleiros de barcos de baixura da costa galega, a falta de axudas, e o trato discriminatorio que reciben das administracións.
Seguen pensando en novas mobilizacións, e pode que a finais de xuño toque manifestación marítima.
Novas relacionadas
- Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU.
- A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa.
- 01-12-14: Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 28-11-14: O BNG pide compromiso aos Concellos coa loita da pesca artesanal.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- 17-11-14: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- 10-11-14: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).