Martes. 10.09.2024
El tiempo

Os mariñeiros volverán concentrarse pola Pesca Artesanal en Fisterra

Os mariñeiros volverán concentrarse pola Pesca Artesanal en Fisterra
Non mais destrucion nas nosas rias

Non paran os mariñeiros da zona. Saben que as súas demandas son máis que xustificadas, polo que continúan pelexando polos seus dereitos, polo seu futuro e polo do noso mar. A última concentración foi en Fisterra, e desta volta irán ata o Peirao de Fisterra a alzala voz.

Será na mañá deste sábado 27 de xuño cando se faga unha marcha pacífica en reivindicación dunha pesca sostible, por un maior control da pesca de arrastre por parte dos organismos competentes e por un trato igualitario desta coa pesca artesanal.

Estarán alí centos de mariñeiros e familiares de toda a comarca, demostrando a importancia chave deste sector na economía e na sociedade da Costa da Morte, e de todo o litoral galego.

A convocante é a Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" de Corcubión, e parece que o resto de pósitos da volta responderán co seu apoio e presencia.

Non todo o que vai á rede é peixe

A pesar do dito “todo o que veña a rede é peixe” , na realidade a cousa é ben distinta, recoñecen dende o pósito corcubionés.

A realidade é que arrastre ou pesca de arrastre é unha técnica que consiste fundamentalmente no emprego dunha rede lastrada que barre todo o fondo mariño, capturando todo o que encontra o seu paso. É unha técnica moi prexudicial e destrutiva que está explotando os poucos recursos que nos ofrece o mar.

Por iso, estas manifestacións dos mariñeiros da pesca artesanal galega danse para conseguir separar os arrastreros a unhas 12 millas da terra para que a pesca artesanal e de baixura non se vexa minguada, con tendencia a desaparecer como consecuencia desta actividade.

"Non destruíamos as nosas costas, loitemos por elas. Son o noso presente, e o futuro dos nosos fillos e dos nosos netos", rezan os lemas costeiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios