40 horas de música electrónica no Fermaz Festival de Mazaricos

Aspira a aspira a converterse no referente electrónico do noroeste peninsular no verán de 2014. Aí é nada. O Fermaz Festival chega para quedarse con 40 horas de son ininterrumpido con sesións de música techno, house e progressive / trance. Con máis de 60 artistas que subirán aos dous escenarios do Festival. Cun recinto de inmensas dimensións, con 70 hectáreas destinadas a camping e 20.000 metros cadrados para o escenario principal e a zona de día.
A primeira edición do Fermaz Festival, organizada por Zero Management, celebrarase entre os días 5 e 6 de setembro de 2014, no encoro da Fervenza, en Antes, no Concello de Mazaricos. Aí estará a mellor música electrónica a nivel nacional e europeo, coa intención de asentarse como unha das cinco citas claves do verán no norte peninsular, sumándose ao póker conformado polos festivales de Monegros Dessert, Aquasella, Freelive e o Neopop luso.
E xa apuntan alto, e con referencias a nivel organizativo de grandes festivais europeos coma este, Fermaz Festival espera acoller a unhas 10.000 persoas durante a súa primeira edición en vista da importante demanda de música electrónica xerada na zona durante os oúltimos anos en Galicia e no norte da península.

Na Fervenza
Fermaz Festival responde á fusión de Mazaricos e Fervenza, un inmenso encoro que durante os meses de verán permanece seco para acoller a famosa Festa da Fervenza. As dimensións anticipan a celebración dun festival inédito en Galicia, con más de 700.000 metros cadrados de recinto. O espazo supón unha longa chaira no medio do irregular relevo da comunidade galega, asentándose a uns escasos 500 metros da próxima localidade de Antes e rodeado polo río Xallas, cuxa importancia dá nome á comarca na que se atopa Mazaricos.
A explanada estará dividida en tres zonas para o acomodo dos asistentes: a zona noite e o escenario principal, cunha superficie superior aos 10.000 metros cadrados; unha zona de día de similar tamaño para as sesións musicais diurnas, carpas, merenderos e postos de comida e bebida; e, un camping de 70 hectáreas con capacidade para tendas de campaña e vehículos.
Variedade musical
O ambicioso proxecto conta co patrocinio de grandes empresas para confeccionar un fin de semana inesquecible, baixo a premisa de diferenciarse doutros festivales cunha ampla variedade de xéneros musicais.
O recinto estará divido nas zonas "Noite" e "Día", onde o potente son de ambos escenarios soará de forma ininterrumpida durante unhas corenta horas grazas aos más de 60 artistas que harán tolear ao público co seu talento.
O Techno será o gran protagonista sobre o enorme escenario principal, secundado por sesións de House e Progressive Trance en ambos espazos. Sobre este gran escenario colocarase un colosal despregue de luces, pantallas, aparellos de son e espectácus pirotécnicos.
Prezos asequibles
O prezo das entradas para o festival será, durante tres primeiros meses de 2014, de 35 euros más 15 euros opcionales de camping por vehículo. A partir de marzo, a cantidade aumentará en 5 euros ata os 65 euros durante os meses de agosto e setembro. As entradas supoñen un pack para todo o fin de semana, polo que serán indivisibles.
Máis información
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- O Rebumbio da Costa comezará a faserse oír con concertos en Camariñas e Corcubión.
- Ata o 26 de febreiro, aberto o prazo para solicitar actuacións na Rede Cultural da Deputación.
- Un Rebumbio para dinamizar a música na Costa da Morte.
- De premio, a gravación dun disco.
- Valarés prepara xa o seu festival de reencontros.
- Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
Outras novas festivaleiras
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).