Mazaricos acende os fogóns da XXIV Festa do Bolo do Pote

A festa está organizada, un ano máis, polo Concello de Mazaricos, coa colaboración necesaria da Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e mais o restaurante e hotel Casa Jurjo.
O sábado 4 terán lugar -previa reserva- xantares e ceas de cocido e bolos do pote nos distintos locais participantes. Os establecementos deste ano son O Verxel, Restaurante Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Pinocchio, Asador Manduca, Campamento Corzón, O Curruncho dos López e Casa Pego. Ademais, colaboran a Taberna Casa Senra e mais o Café Bar Alborada. É recomendable reservar previamente en calquera dos locais, e de feito as reservas xa están alentando que vai ser unha gran fin de semana, como sinala o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, s. O prezo dos menús de bolo do pote, cocido, postre, viño e café será de 25 euros.
A festa no Campo da Feira arrinca o domingo 5 ás 13h co pasarrúas e concerto do Grupo de Gaitas de Mazaricos. A continuación terá lugar a degustación gratuíta dos bolos do pote na carpa do campo da feira, como se fixo sempre, e a degustación e xantar nos distintos locais. A partir das 15:30h terá lugar o pasarrúas pola Picota da Charanga Alambique.
Outras actividades
Se o tempo o permite, instalaranse inchables para que xogue a rapazada. Será entre ass 12:30h e as 15:15h, e entre as 16:15h e as 18:30h. Ademais, e para os amantes dos coches Minis, cadrando coa festa celebrarase unha Miniquedada Bolo do pote 2023.