A Asociación SORUM deixa Muros orfo
Con tristeza acolle esta nova todo o pobo de Muros. I é que a disolución da Asociación SORUM non gusta a ninguén dado o traballo que leva realizando nos seus poucos anos de vida.
A Asociación SORUM, naceu o 29 de xuño de 2007, día da festividade do patrón de Muros. E, precisamente, decidiron facer público a súa desaparición onte, despois da clausura da exposición de cadros, para non deslucir ese acto ou restarlle o protagonismo e respecto que merecen os pintores da casa, como nos conta o xa ex presidente Domingo Guerra.
De feito, o propio Guerra deixaba algunha pista no discurso da inauguración da Mostra o pasado Xoves Santo.
Dende aquí só podemos felicitar e agradecer a labor destes 8 membros da Xunta Directva. Sol e Pedro, Ángeles e Andrés, Manola e Tono, xunto con Marita e máis o propio Domingo. Unha familia que ofreceu o seu tempo para engrandecer o dos demais. Un grupo de persoas que, na súa meirande parte, viven fóra da vila muradá, e que querían aportar o seu gran de area á mellora e o recoñecemento do traballo realizado en casa.
Pero xa non pode máis. Estea directiva non ten tempo material. Os motivos laborais obrigaron a este grupo de persoas a dar de baixa a Asociación. "É unha pena, pero é así", lamenta Domingo, algo que rubricamos nós e todo Muros.
Novas relacionadas
- SORUM ensalza aos artistas da casa.
- 2012: O auditorio de Muros quedou pequeno para a Gala dos Premios SORUM.
- A Asociación Sorum renova a directiva e xa pensa no Torneo de Fútbol muradán.
- 2011: SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).