Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Carrilanas terán que esperar ata primeiros de agosto

As Carrilanas terán que esperar ata primeiros de agosto
A exposicion de Carrilanas de Esteiro foi moi visitada

Quedaron a medias en Esteiro esta fin de semana. Todo pintaba ben o sábado, con algo de néboa pero cas carrilanas preparadas na exposición, na pole position e ca verbena. Pero xa o domingo, empezou a orballar ás 15:00h e ás 16:30h estaba chovendo a chuzos sobre Esteiro, polo non se tivo que suspender a esperada Baixada do XXVIII Gran Premio de Carrilanas Esteiro Marqués de Vizhoja.

A costa da Mámoa quedaba deserta, preparadísima, pero deserta. As 70 carrilanas e escuderías chegadas de Portugal, Asturias, Madrid, Ávila, e por suposto, Galicia, tiveron que quedar en “boxes”, na exposición.

Os organizadores desta 28ª edición da Festa de Interese Turístico Galego decatábanse que ía ser un bo pau económico e moral, pois despois de tantos meses de traballo, chega un chuvasco e acaba con todo. Así que decidiron levar as charangas e as cantinas ao pavillón para, alomenos, seguir a troula baixo teito, e poder facer algo de caixa.

Pero xa estaban pensando en como recuperar o tempo perdido. Hoxe, luns, xa houbo reunión pero ata a semana non se saberá a nova data para organizado. “A idea é buscar as datas, que non coincida con outras citas do concello, porque festivais, memoriais, campionatos de Barrios… e non queremos pisar a ninguén, explícanos David Fernández, membro da organización. “Pero non podemos retrasalo moito, terá que ser na primeira ou segunda semana de agosto”.

As carrilanas do Gerente as destacadas da exposicion esteira

A exposición e a pole

Imaxe da Pole Position do Gran Premio de Carrilanas Esteiro 2015

Non houbo Gran Prix, pero si que se fixo a exposición ao longo da fin de semana, e a carreira da Pole do sábado, na que Raúl Rodríguez e Eloy, da escudaría Talys Boys, e Vidal e Adro Braña, do Bar Paluca, facían os mellores tempos, completando a parrilla de cabeza Martín Lege e Iago do Pino de Árdelle o Eixe.

O que tampouco fallou foi a troula das Festas de Santa Mariña de Esteiro, con disco móbil na noita do sábado ata ben tarde.


Fixádevos o que nos perdemos pola chuvia… Este é o resumo do ano pasado:


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios