Un brote de corornavirus en Muros obriga a realizar 69 PCR
11:22 17/08/20
Saltou a alarma esta fin de semana cun brote de coronavirus rexistrado nun camping de Muros. Dous usuarios que estiveran acampados deron positivo e confirmaban ás fontes sanitarias unha serie de contactos no camping loureán, obrigando aos rastreadores a facer un confinamento dunhas 20 persoas na zona. Dos primeiros dous casos pasaron xa a 6 os positivos.
Ademais, tiveron que realizarse ao longo da fin de semana 69 probas PCR, cuios resultados sairán ao longo deste luns.
Moitos xa marcharon para os seus domicilios e outros mantéñense confinados nas súas parcelas.