Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro, o mellor evento gratuito de Galicia

Presentacion das Carrilanas Esteiro 2019
Presentación das Carrilanas Esteiro 2019
As Carrilanas de Esteiro, o mellor evento gratuito de Galicia

Así se autoproclama a XXXII Edición del Gran Prix de Carrilanas de Esteiro. E non é para menos, pois ademais da emoción do deporte artesanal máis auténtico do país, Esteiro propón o festival musical en galego máis completo.

Así o ratificaron os organizadores o pasado venres, na celebración da presentación do festival no complexo Hotel Rústico Punta Uía. Inés Monteagudo Romeu, Alcaldesa de Muros; David Fernández Lado, Presidente ADC Esteirana de Carrilanas; Camiño Triguero Salas, xefa área provincia de Turismo - Xunta de Galicia, daban conta da relevancia desta Festa Interese Turístico Galego, que serve de auténtico motor de atracción.

Unha Festa pola que levan anos loitando para declarala Festa de Interese Turístico Nacional. De feito, a entidade organizadora asegura que cada vez está máis preto pero que as bases obsoletas son un inconveniente. A propia Camiño destacaba o apoio da Xunta para poder acalalo distintivo nacional. “A festa véndese soa pola súa personalidade, polo seu enxeño e pola súa exclusividade e orixinalidade”, destacou a responsable da administración.

O presidente da ADC Esteirana de Carrilanas, David Fernández, afondou no traballo que leva a organización desta festa (un ano enteiro, dende o día seguinte do remate da edición anterior) e deixou claro que esta é a máis ambiciosa das 31 previas.
No tema musical indicou que se incrementaba o número de bandas que pasarán polo Festival das Carrilanas, en concreto 11 bandas distribuídas de venres a domingo. “Seguimos traballando co orgullo de poder ofertarlle de balde probablemente ou mellor festival do noso país, xunto co evento único que xa levamos 32 anos facendo”, explicou.

Tamén falou Álvaro Crego, Secretario da ADC Esteirana de Carrilanas, que puxo o foco nos voluntarios que axudan incondicionalmente e fan posible o evento, así como empresas privadas que deciden apostar polo evento, xunto coas admininistraciones. “Isto non sería posible sen a implicación de persoas con nome propio que representan as distintas entidades e empresas”. Do mesmo xeito salientou que o evento é totalmente gratuíto e “asi entendemos que ten que ser a dinamización da nosa cultura para que poida chegar a todos os públicos, sen discriminaciones. Aquí non imos a poñer límites á cultura tradicional. Cremos que é a mellor forma de difundila e divulgala”.

Carrilanas Esteiro 2019

Guía para as Carrilanas

Carrilanas Esteiro-Guia de EspazosCarrilanas Esteiro Programa Completo 2019

Carrilanas Esteiro-Festival Programa venres 2019

Carrilanas Esteiro Programa Festival sbado

Novas relacionadas

Comentarios