Martes. 19.11.2019
El tiempo

As Carrilanas, o festival #Debalde máis grande do país, e en galego

As Carrilanas, o festival #Debalde máis grande do país, e en galego

Máis de 20.000 persoas recibiu Esteiro durante a pasada edición das Carrilanas. A gran festa da parroquia muradá xa ten os motores en marcha, ou máis ben, ten os freos levantados para coller impuso dende o alto do Maio.

Así, paralelo ao XXXI Gran Prix das Carrilanas de Esteiro, terá lugar o gran Festival das Carrilanas. 10 bandas, coa música en galego como protagonista, serán as que manteñan vivo o éxito da edición do pasado ano con “Heredeiros da Crus” como cabeza de cartel, onde se bateron récords de asistencia de público con máis de 6.000 persoas.

Este ano amplían a xornada do venres, para ofrecer un un dos mellores festivais de música de carácter gratuito do país. Ese é o sentir da directiva do festival, David, Álvaro, Miguel e José Ramón, amigos inseparables que seguen armando actividades para a súa vila.

Os composteláns Novedades Carminha, xa a día de hoxe toda unha referencia a nivel estatal, serán os cabeza de cartel. Xa non son aqueles punkis de hai 6-7 anos, agora veñen cun rrolo verbena moito máis sexi e igual de divertido.

Tamén confirmaron a un dos mellores grupos do panorama catalán, Itaca Band, que volve a Galicia dispostos a ofrecerlles diversión polo seu particular directo.

Dous grandes bandes que volverán a Esteiro serán Dakidarría e os muradáns Terbutalina. Os primeiros cun espectáculo renovado coas bases de sempre, rock galego en estado puro. Os segundos presentan o seu novo disco, “Marisco Barato”, na súa terra.

A forte aposta pola música galega e tradicional complétase con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e De Vacas, que tocará na sesión vermú sabatina con Blues do país Sindicato da Verbena.

Non pode faltar no festival algunha banda da factoría Nasmo. Neste caso será Lisdexia, co seu Chejar en Encher o que dea o toque local, xunto cos veciños Monopolious Dop, que están en pleno apoxeo logo de ser a cabecera do exitoso programa Land Rober da TVG.

A banda Nave despedirase da música en directo en Esteiro, para completar un cartel espectacular.

Cartel Festival Carrilanas Esteiro 2019

Novas relacionadas

Comentarios