As Carrilanas estrean o título de Festa de Interese Turístico Nacional co GP Virtual e moita música

Xa están aquí as Carrilanas. Unha das dúas Festas de Interese Turístico Estatal deste o mes de febreiro, xunto coa Romaría da Barca. Xa o ano pasado foi un dos Festivais que se adaptou aos tempos de pandemia, e este verán non podíamos pasar sen Gran Prix ou a Baixada de Carrilanas pola Costa do Maio. Aínda que sexa virtual.
Porque a gran novidade da presentación realizada este mércores foi o videoxogo GP Virtual. Unha aposta que intentará emular a Baixada do Maio cunha máquina de última xeración.
En calquera caso, durante este ano para nada estiveron parados. O proxecto “Sentir as carrilanas” ca ONCE ou a Escola de Pilot@s así o refrendan. E o amplo programa de Concertos, exposicións e deporte que nos brindarán esta fin de semana, máis.
A alcaldesa Inés e a responsable da Xunta loubaron o labor dos David Fdez. e Álvaro Creo, as almas das Carrilanas, que atoparon un ano máis o xeito de combinar un xogo infantil, cunha profesión como a carpintería para convertilo nun deporte e nunha festa que chega a aglutinar arredor de 30.000 persoas. A súa capacidade de innovación non deixa de sorprender.
Álvaro Creo recoñeceu o gran esforzo deste ano e medio, pero tamén pediu responsabilidade a todos os espectadores. “Esteiro debe facer a Carrilana súa, e convertila nun reclamo turístico e cultural diferente”.
David Fdez. resaltouo videoxogo, apelou tamén ao “sentido”, e asegurou que seguen traballando arreo na creación do Museo na honra do Gerente, que non está nun bo momento de saúde.
A música será o gran aliciente, con concertos con aforo limitado, pero cob boa parte das entradas xa esgotadas.
Novas relacionadas
- Abril 21: O piloto das Carrilanas Pablo Molinos Buján estréase arrasando no Campionato Galego de Karting.
- Febreiro 21: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional.
- Febreiro 21: Sentir as Carrilanas: Un proxecto social para convertir en pilotos á rapazada invidente.
- “O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.