Martes. 24.05.2022
El tiempo

O Castelo Rock prepara unha “edición expresso”

Festival Castelo Rock 2021
O Castelo Rock prepara unha “edición expresso”

Boas novas para a música costeira. Se esta finde gozaremos do Orballo Cultural na Carballeira de Baio, polo sur da comarca temos data para unha esperadísima cita. Non teremos o gran Festival Castelo Rock, pero a xente do ACRD Praia do Castelo non se podían aguantar máis, e preparan unha sesión exprés para o 4 de setembro.

A praza do Mercado acollerá xa ao mediodía unha sesión vermú a cargo do coruñés Pablo Balseiro.
Xa pola tarde os encargados de dar comezo as actuacións serán os locais Archivo Adxunto, os muradáns serán os anfritións nesta ocasión, darán a coñecer nesta edición temas do seu novo traballo polo que a festa e o punk estaran asegurados.

Aphonnic por fin os vigueses será quen de presentar o seu traballo “La Reina”, nesta edición express, logo do bo sabor de boca que nos deixaron na edición do 2019, estarán de volta na vila muradá co seu metalcore máis que recoñecido.

Viva Belgrado, os cordobeses pecharan esta edición expres presentando o seu traballo “Bellavista”, o seu post rock chegara a vila temas como “Un relato” ou “Mas triste que Shinji Ikari”, soarán na vila muradá e non deixarán indiferente a ninguén.

As entradas podense conseguir na páxina wed do festival www.castelorock.com ou en www.wegow.com cun precio de 5 euros para a sesión vermú e de 20 Euros para os concertos da tarde noite.

comentarios