Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas

Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas
As gaiolas de salmón precisaron de novo de auga doce

O pasado venres a asociación Asoar-Armega e organizacións medioambientais Adega, Verdegaia, e Salva la Selva, presentaban as súas novas accións sobre a problemática das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia. As entidades van presentar, con motivo da XV edición do Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas, un traballo, que se expoñerá nun póster, sobre o “Impacto socioeconómico e medioambiental do cultivo do salmón atlántico na Ría de Muros Noia”.
Precisamente o Foro (no Ciclo Cultivando o Mar, o xoves 11 de outubro) tratará precisamente o Cultivo do salmón na ría de Muros Noia, polo que as entidades solicitan ser invitados a participar como parte involucrada na problemática, para contrarrrestar as posicións do representante da empresa North West Food e outro da Consellería do Mar.

Dito traballo vén a denunciar, "unha vez máis, o noso total rechazo a instalación nesa Ría das gaiolas de salmón". Este traballo fai unha recopilación de todo o acontecido desde a decisión do traslado das gaiolas a esta ría, enumerando cada un dos acontecementos segundo as datas e os feitos que se foron producindo desde esa decisión ata o día de hoxe, e poñendo de manifesto, unha vez máis o grave impacto que estas gaiolas poden causar nun medio natural de tanto valor e riqueza como o da Ría de Muros Noia. Un repaso que podemos facer realizar tamén a través das novas publicadas en QPC, como vemos abaixo.

Resultados negativos e posibles solucións

No traballo tamén se ilustran os resultados coñecidos, ata o momento, da experiencia deste cultivo na ría de Arousa e na de Muros, e presenta unhas solucións razonables de apoio a un marisqueo, pesca e acuicultura galega posible e con futuro.

Aseguran que tralo seu estudio, poden concluír que "o cultivo de salmóns na Ría de Muros Noia non está a ser produtivo, e as gaiolas seguen a ter dificultades, xa que no pasado mes de setembro, tiveron que recurrir novamente a introdución de auga doce e fría, desta volta dun xeito diferente e con unha embarcación distinta a empregada o verán pasado", na que usaran unha embarcación da Xunta ante as protestas de todo o sector.

Por todo elo "as organizacións que nos opoñemos a este tipo de cultivo pensamos que a única solución razoable é dar por rematada a experiencia e reparar os danos ambientais causados".

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

  • Nota de prensa de Asoar-armega, Verdegaia, Adega, Greenpeace, Salva la selva.

Comentarios