Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado

Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado

Vén o BNG, a través de Bieito Lobeira, de preguntar en pleno á conselleira do Mar sobre a actual situación das gaiolas de cultivo industrial de Salmón na ría de Muros e Noia e as súas consecuencias sobre o sector pesqueiro da ría.
O deputado denunciou a relación contractual da administración galega coa empresa North West Food, SL á que pertencen as instalacións, logo de comprobar -afirmou Lobeira-, que “a concesión caducou” o pasado mes de agosto ao finalizar a autorización, por dous anos e un de prorroga, concedidas no ano 2008.

Do mesmo xeito, o parlamentario tamén se referiu aos labores do buque de Gardacostas de Galiza por traballar no enfriamento das gaiolas de salmón con auga doce, “un buque que pagamos nós”-dixo-, e un buque que conta con moitos millóns de euros na empresa Remolcanosa.

Lobeira amosou unha fotografía, como a que vemos, na que se visualizaba o buque aportando auga ás gaiolas de salmón o que –ao seu xuízo- é unha "nova evidencia da aposta do Partido Popular pola piscicultura industrial aínda que esta produción colida cos intereses pesqueiros, marisqueiros e mexilloeiros galegos.

Lobeira concluíu lamentando a postura da consellería do Mar ante unha medida que non conta co apoio do sector pesqueiro desa ría, porque –asegurou- temen a perda de miles de postos de traballo e capacidade produtiva por mor dun tipo de instalacións dedicadas á produción industrial.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios