Martes. 22.10.2019
El tiempo

Un día enteiro dun máis perigoso lume en Muros

O Incendio en Faro Rebordiño está moi preto das casas de Louro
O Incendio en Faro Rebordiño está moi preto das casas de Louro
Un día enteiro dun máis perigoso lume en Muros

A pasada tarde de sábado a domingo, pasadas 20:45 rexistrábase outro máis que sospeitoso incendio forestal, con ata . Foi ademais moi preto da estrada que une Cee e Muros, a altura do Faro de Rebordiño, en Louro. Durante toda a noite, e durante todo o día, os medios de extinción (ademais dos voluntarios de P.C., GES, veciños, as brigadas municipais…) estiveron traballando para intentar controlalo, pois as lapas estaban moi cerca das casas.

A final da tarde do domingo xa ían 8 hectáreas arrasadas, pero máis alá da superficie é o medo a que haia unha traxedia. Un bo exemplo de que a norma da Xunta de non informar dos incendios que non cheguen a 20 hectáreas é algo ridícula.

O lume segue activo, e a xente, cada veciño, está de garda para controlar calquera sobresalto.

Medios traballando no incendio de Louro-Muros
Medios traballando durante toda a xornadaIncendio durante toda a noite en Louro
O lume estivo activo toda a noite

Incendios na comarca

Máis novas sobre incendios

NOVAS SOBRE PREVENCIÓN

 

Comentarios