Greenpeace une á flota costeira en Muros para presionar a Cañete


Preciosa a estampa que locía antonte a ría de Muros. O Artic Sunrise, patroneado polo corcubionés de Asoar - Armega Luís Rodríguez, achegouse áo litoral costeiro, á ría de Muros, para mobilizar a boa parte dos barcos de pesca artesanal da zona. Varias decenas de embarcacións concentrábase ao amparo do barco de Greenpace para pedir ao ministro español de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, que apoie medidas que favorezan o futuro da pesca sostenible en Europa.
Os pescadores saíron a recibir ao buque de Greenpeace con pancartas con mensaxes como: "A pesca sostenible é o futuro" ou "Cañete, non afundas a pesca europea". A resposta da pesca costeira foi exemplar, i é que a participación directa dun mariñeiro da zona como é Luís Rodríguez.

Presionando pola PCC
Esta actividade prodúcese nun momento no que "a Comisión Europea está negociando a Política Pesquera Común (PPC) que regulará o sector os próximos anos. De feito, durante estes pasados dous días, os ministros de Pesca da Unión Europea reuniranse en Bruxelas para acordar os últimos pasos antes de aprobación da nova PPC, e cabo a posibilidade de que aproben un mandato para as negociacións finais co Parlamento Europeo", explican dende GP. Con todo, "algúns países como España, Francia ou Grecia bloquean calquera forma de compromiso que achegue posturas entre ministros de Pesca e europarlamentarios. De persistir esta situación de bloqueo, cabo a posibilidade de que se pospoña a aprobación da nova PPC ata marzo de 2014", sinalan.
Novas relacionadas
- Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace.
- Un berro pola pesca artesanal.
- Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Asoar une a pesca artesanal para ter voz en Europa.
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A Asoar-Armega agradece a labor da GP e outras entidades en favor da pesca artesanal.
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal.