Venres. 29.03.2024
El tiempo

Insuapesca, un obradoiro de conservas artesanais para o polígono de Muros

*temp*
Vista aérea do parque empresarial de Muros hai uns anos
Insuapesca, un obradoiro de conservas artesanais para o polígono de Muros

En xullo do ano pasado era Trimar. A semana foi a empresa Insuapesca a que adquiriu unha nova parcela no polígono empresarial de muros para abrir un obradoiro de conservas artesanais. A empresa ten previsto iniciar a construción das súas novas instalacións, para as que xa dispón de proxecto, cara a xuño ou xullo deste ano.

Así o anunciaba SEA Suelo Empresarial de Atlántico tras adxudicar unha parcela de 880 metros cadrados á compañía na modalidade “Dereito de Superficie”, un xeito de aluguer con opción a compra
A empresa abonará nos primeiros anos pouco máis de mil euros anuais -1.056 euros o primeiro e o segundo ano-, cifra que se irá incrementando levemente nos seguintes exercicios. Ao quinto ano poderá optar por adquirir a parcela, cun desconto parcial da cantidade abonada, ou por continuar nesta modalidade.

Insuapesca é unha empresa artesanal galega comprometida co peixe e o marisco km.0. Tras anos como maioristas de peixe e marisco, decidiron apostar polas conservas de alta calidade, que aposten polo produto de pesca e marisqueo costero artesanal, de pequena produción e con respecto aos recursos naturais, con envases de vidro, por exemplo.

Novas relacionadas

Comentarios