mércores. 14.05.2025
El tiempo

Muros mantén o Noitebús para as noites de Entroido

Muros mantén o Noitebús para as noites de Entroido
Parece que os membros da corporación municipal escoitaron aos Muriños Blues cantando a semana pasada ás portas da Sala Capitol de Compostela, aquel "Queremos Noitebús". O certo é que o Concello de Muros, dende o Departamento de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude, volven impulsar o transporte nocturno a lugares de lecer. Así, e malia que o Noitebús, dende o pasado mes de decembro deixou de ser financiado polo goberno autonómico, este sábado 5 e o luns 7 de marzo, no marco do espectacular Entroido de Muros, volverá funcionar o servizo que estaba a circular entre Esteiro e Louro. Unha liña que se estaba a converter nun dos máis utilizados en Galicia Trátase do único concello de toda a bisbarra que o recupera para este completo Entroido de Festa.

Esteiro-Louro: das liñas máis utilizadas de todo o país

No que se refire ao mantemento anual do servizo, o concello a nivel económico ve inviable que esta actuación se suceda ao longo de todo o ano debido a supresión por parte da Xunta de Galicia das devanditas axudas. Pero con todo, compre sinalar que a liña de Muros é unha das máis utilizadas entre os anos 2007 a 2010. Cabe destacar o dato que sitúa a liña que circula polo Concello de Muros como unha das máis utilizadas en Galicia sendo utilizada dende outubro de 2007 ata decembro de 2010 por máis de 17.563 mozos/as, cun índice de participación mensual de ao redor de 400 usuarios/as.

Horarios

  • Sábado, 5 de marzo: - Saídas dende Esteiro: 23:30h e 05:00h. - Saídas dende Louro: 00:00h e 05:30h.
  • Luns, 7 de marzo: - Saída dende Louro: 23:30h. - Saída dende Esteiro: 05:30h.
O servizo realizado o luns 7 de marzo, diríxese especialmente cara á zona de Esteiro, xa que se trata dun día de saída nocturna moi tradicional nesta parroquia muradana.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muros.

Comentarios