Unha necesaria xornada de homenaxe á sociedade civil que salvou a Costa
Son necesarias sesións de ançalise e reflexión das consecuencias do Prestige como a que se desenvolveu este venres no Parador de Lourido. Mentres no IES da vila dúas radios estatais puñan o foco no Prestige, o Centro de Investigación Interunivesitario ECOBAS, artellaba, coa colaboración da empresa muradá Fresco y del Mar, a empresa hotelera Bela Muxía e a rede de Paradores, unha xornada, sen inxerencia política de ningún tipo, da posta en valor da resposta da sociedade civil e do mundo da investigación nos tempos da catástrofe.
Se ben falta aínda unha gran e común homenaxe en agradacemento e recoñecemento a Marea Blanca (haberá que fomulala para o 25 aniversario), máis alá daquela interesante pero cativa aposta do Galicia en Color, esta xornada serviu para reescoitar as vivenzas de xentes que viñeron para axudar e quedaron a vivir na nosa comarca.
Sven e Sole Méndez foron algúns deses voluntarios que cambiaron a Costa, e xunto a Milucho Louro e Nacho Castro (dous dos grandes coordinadores daquela marea blanca) e o escritor Chisco Fernández Naval, puxeron a lírica a aquela epopeia medioambiental e social.
Sole sinalou que “20 anos despois temos que mirar atrás para sentirnos fortes como comunidade, sen deixar de esvaecer a conciencia polo coidado do noso patrimonio”.
Chisco lembro aquela noite do 31 de decembro, cando xunto a outros voluntarios deron as campanadas de Noitevella, “pasámolo estupendo porque o noso era un país distinto, era o país de Nunca Máis”.
4.500 millóns de euros
Tan importante foron as cifras, como as que repasamos esta semana con ADEGA, que trouxo María Loureiro (a directora do EDCOBAS foi a coordinadora do evento xunto con Milucho e Pepe Formoso). A Catedrática, recén nomeada membro da Real Academia Galega das Ciencias (e que tamén sairá este domingo no segundo capítulo do especial de Salvados), foi a encargada de facer a peritaxe para a fiscalía da desfeita ecolóxica, e puxo unha cifra enriba da mesa que fixo tremer aos presentes: O Prestige custou 4.500 millóns de euros.
Tamén participou Ricardo Beiras, catedrático de Ecoloxía na UVIGO que falou sobre o impacto ecolóxico do afundimento; mentres que Antonio García Allut, catedrático de Antropoloxía Social na UDC, abordando o calado na sociedade.
Ademais, participaron Ricardo García Mira, catedrático de sociología na UDC; Juan Garrido Fernández, profesor titular enxeñaría ambiental na USC; e Ramón Sabín, representante das confrarías.
Interesantes foron tamén as achegas, vía vídeo, de personalidades como a xornalista Mercedes Milá, o coordinador de voluntarios desde Valencia Luís Marco, o escritor Suso de Toro, as cociñeiras voluntarias durante a catástrofe, o escritor Manuel Rivas, o xornalista Juan Pedro Valentín, así como o xornalista e escritor Xosé Manuel Pereiro. Pechou esta rolda de intervencións o xornalista Iñaki Gabilondo.
Ademais da música de Fernando Fraga, as conclusións, crúas e contundentes, chegaron a cargo de Albino Padra, economista e profesor na UVigo.
Unhas necesarias xornadas que deixan a porta aberta a unha auténtica gran homenaxe á Marea Blanca.
Aquí podedes ver a xornada:
ARTIGOS RELACIONADOS
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
NOVAS DO PRESTIGE
- Lembrando o Prestige en formato podcast.
- A investigación universitaria e a sociedade civil analizan as consecuencias do Prestige en Muxía.
- Camariñas homenaxeará ás persoas voluntarias ddo ‘Prestige’ que se aloxaron no Concello.
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Nacho Castro: “Sen os voluntarios..., morremos”.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE, POR JOSÉ LUÍS LOUZÁN
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.