Muros volta a mirada á súa historia mariñeira


No marco das XI Xornadas Muros Mira ao Mar, das que xa coñecemos o seu programa, a revista dixital The Muros Times acaba de realizar un número especial adicado á pesca de baixura en Muros nos anos 50 e 60.
Será un evento emotivo a súa presentación oficial, este sábado 11 de xuño, en plenas Xornadas de exaltación da cultura mariñeira muradá, na Fábrica de Sel a partir das 19:00h, coa presenza ademais de numerosas personalidades.
Será o director da revista dixital Jorge Lago Rama o que faga a presentación de número especial realizado por Pedro Caamaño Lago, que tamén falará arroupado por Juan Caamaño Cebreiro, ex Conselleiro de Pesca, Manuel Martínez Caamaño, presidente de Xubimar, e a alcaldesa muradá María Xosé Alfonso.
Unha cita ben emotiva no marco dunhas xornadas completísimas, cun programa cheo de música, artesanía, teatro, obradoiros, visitas guiadas, concursos, charlas…
Máis información
Novas relacionadas
- 20 números de cultura muradá a través da rede.
- Un conversa muradá.
- The Muros Times arrinca o 2014 dende as bibliotecas e escolas do Concello.
- The Muros Times saca o seu número de Nadal.
- The Muros Times supera os 5.000 lectores e quere medrar.
- Un novo número da revista “The Muros Times” xa está na rede.
- A bitácora da semana (CLXXXIX): Grupo de Facebook I love Muros.
- Patrimonio, historia e actualidade para unir Muros coa diáspora a través da rede.
- 23-04-13: Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).