#ELECCIÓNS
O Pactómetro: Muros
O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada con maiorías absolutas. Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo.
Xa vimos como está a cousa en Carnota, en Corcubión, en Malpica e en Vimianzo. Hoxe toca irmos ata Muros.

Muros: Posible coalición PP-CxG
Pode pasar de todo en Muros despois da sorpresa do pleno de investidura de hai 4 anos, cando o PSOE como segunda forza permitía a investidura da terceira forza, CxG. Pero despois de analizar as sensacións plenarias nesta lexislatura, parece probable que sexa viable unha coalición PP-CxG. Viable porque as relacións entre Inés Monteagudo, a candidata da formación máis votada, e María Xosé Alfonso, a aínda rexedora, foron bastante respectuosas, e ambas consideran que pode ser unha boa saída.
Dende o PP, outro ano máis a forza máis votada, xa comunicaron que van intentar formar un goberno de coalición para ter 4 anos de estabilidade, e dende logo parece máis viable que con PSOE ou BNG. “Iniciaremos contactos co partido de Maria Xosé Alfonso, que foi o grupo co que puidemos chegar a máis puntos de acordo na lexislatura pasada, e continuaremos co resto de grupos, coa disponibilidade e eflxibilidade suficientes para trarar de chegar a un entendemento do que saia o mellor para o futuro do noso concello. Muros o merece, o precisa e o necesita”, sinala a carta de Monteagudo aos veciños muradáns.
Todas as novas das Eleccións
- Eleccións #Municipais19 en Muros: Resultados repetidos.
- O Pactómetro: Malpica.
- O Pactómetro: Carnota.
- O Pactómetro: Corcubión.
- As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019.
- Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello.
Artigos relacionados
- Louzán: O Día Despois.
- Marisol Soneira: A Costa da Morte tínguese de roxo.