Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O PSdG estudia aceptar as 3 condicións innegociables de CxG para fomar goberno en Muros

O PSdG estudia aceptar as 3 condicións innegociables de CxG para fomar goberno en Muros
Caridad Gonzalez - PSOE Muros

Seguimos pendentes do que acontece electoralmente en Muros de cara ao pleno de investidura do vindeiro sábado 13 de xuño. Xa sabemos que CxG ten a chave do goberno de Muros, e precisamente o grupo que comanda María Xosé Alfonso puxo de novo as súas esixencias enriba da mesa.

A decisión de Compromiso, despois da súa reunión coa afiliación, é non pactar co PP e “seguir impulsando un verdadeiro e profundo cambio no goberno municipal de Muros, apostando pola trasparencia, a participación, a igualdalde de oportunidade e a austeridade”. Pero a decisión máis importante é sobre o posible pacto co PSdG que permitiría formar un goberno estable entre CxG e PSsG.

Para o devandito pacto, CxG só aceptaría todas e cada unha destas 3 condicións, non negociables:

  • ”A renuncia á acta de xeito irreversible, antes do pleno de investidura, da actual alcaldesa Caridad González”.
  • ”Ningún dos 3 concelleiros que participaron no goberno municipal do mandato que remata accederá á alcaldía de Muros en ningún momento do vindeiro mandato”.
  • ”O PSOE deberá aceptar as condicións de transparencia, participación, austeridade e boas prácticas que CxG lle trasladaría en breve”.

Deste xeito, e tendo en conta que o PSOE quere un goberno de esquerdas en Muros, e que semella que Caridad González estaría disposta a deixar a súa acta, quedamos pendentes dun nome da lista do PSdG que se postularía como novo alcalde de Muros. O sábado sairemos de dúbidas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios