Patrimonio, historia e actualidade para unir Muros coa diáspora a través da rede


Xa está na rúa, máis ben na rede, o número 4 da revista dixital The Muros Times. Esta fiestra aberta nacida en abril segue servindo para unir a diáspora coa vila muradá a través da rede.
De feito, as historias de de xentes eigradas como Nellie Lago, Ventura Abeijón, Juana Concha, Oscar Fariña ou Anabel Lago-Pedrik son protagonistas neste número 4.
Ata 20 colaboradores poñen a súa sinatura a todo tipo de artigos. Dende os históricos, os preferidos da revista, ata outros en clave de actualidade arredor da Escola de Música Municipal ou a ritmo de rock.
Toca tamén homenaxe, en verso, a un dos grandes que se nos marchou, o actor esteirán Pico, moi querido en toda a zona como o demostran os máis de 4.600 "megustas" da nova do seu pasamento en QPC.
O patrimonio, a loita social sobre as Preferentes, as drogas... todo ten cabida na cara máis aberta destes tempos na vila de Muros.
- Ler online o Número 4 da revista dixital The Muros Times.
Novas relacionadas
- 23-04-13: Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora.
- O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- O Arquivo Histórico da USC dixitaliza documentos de Carballo, Corcubión e Muros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).