Martes. 16.04.2024
El tiempo

O sector do Mar trasládalle ao BNG as 5 grandes preocupacións destes tempos

Rosana Perez do BNG co patron maior e o Secretario da Confraria de Muros
O sector do Mar trasládalle ao BNG as 5 grandes preocupacións destes tempos
A carencia de servizo médico e o posible peche da Oficina do Instituto Social da Mariña de Corcubión preocupa a máis de 1.400 mariñeir@s e mariscador@s do norte da comarca. Pero por Muros, a reestruturación do ISM que alertaba a directora á CIG tamén preocupa. Así o confirmou o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, á portavoz de pesca do BNG no Parlamento Galego, Rosana Pérez, durante unha visita temática na Casa do Mar de Muros. Formoso entende que o hipotético peche da oficina muradá “perxudicaría gravemente aos intereses de todo o sector pesqueiro non so da Confraría de Muros, se non de toda a bisbarra”.

Na reunión, coas concelleiras María Lago e Paula Simal como anfitrionas, tamén estivo o Secretario da Confraría José Antonio Suárez, que manifestou tamén que “a Lonxa precisa dun urxente reparado do tellado, así como do chan da mesma, os cales levan moitos anos sen mantemento ningún e se atopan nunha situación deplorable”.
Desde o pósito da vila apuntan que “a excesiva burocracia é un mal que ven lastrando ao sector desde moito tempo atrás”, e que xunto a outras problemáticas como as cotas pesqueiras ou o excesivo celo da administración no control das embarcacións, “fixeron minorar notablemente a actividade pesqueira no porto de Muros”, que chegou a ter 20 barcos de arrastre e no día de hoxe conta con so 3 buques afiliados á confraría deste tipo.

A falta de medidas das administracións ante o “grave momento que atravesa a pesca de baixura que se dedica á extracción do polbo” tamén preocupan moito. Segundo os datos dos que dispoñen, “esta campaña está a ser a peor en moito tempo, e despois de tres meses de actividade cun nivel de capturas ínfimo”.

Non faltaron outros dous temas claves: o control do furtivismo nas zonas marisqueiras ou a regulación da extracción da mexilla, antes os que Rosana Pérez amosou a súa disposición, para manter un contacto constante.

Novas relacionadas

Novas sobre o ISM

Comentarios