xoves. 13.02.2025
El tiempo

Terbutalina colga as guitarras tras 15 anos de gastropunk

Terbutalina no Festival do Dia dos Medios en Galego 2020
Terbutalina no Festival do Dia dos Medios en Galego 2020
Terbutalina colga as guitarras tras 15 anos de gastropunk

Día triste para a música costeira. A banda de música Terbutalina, despois de 15 anos, anuncia a súa parada de forma indefinida. A familia de QPC lembra ter vivido en primeira persoa un dos seus primeiros concertos, nun pub de Cee, con apenas 30 persoas de público, e fica agradecido, pero agora orfo, polo seu divertido gastropunk.

Os muradáns foron uns dos grandes estandartes da factoría Nasmo, levando o son guerrilleiro do sur da Costa da Morte por todo o estado. Unha clara influencia nas novas bandas que nacen en Muros, da man da Escola de Música, da ESMU de Carnota e, por suposto, da Sala Nasmo, ese espazo de xogo musical que permite á xuventude muradá crear bandas e proxectos de renome.

Os Migui e Mon (os dous que quedan da formación orixinal), Torres e Diego veñen de dicir ata aquí. Agradecendo tamén aos antigos membros do grupo como Simón, Brais e Samu, lembran centos de concertos, e recoñecen que “ás veces as baterías tamén se esgotan”. Algún deles xa vai tendo familia, e os tempos xa non son aqueles nos que a vida nocturna copaba todo.

Polo camiño quedan tamén premios como o Premios da Música Independente de 2015.

Os Terbutalina no Festival Vitaminas para o Galego

En QPC lembramos con nostalxia as veces que os contratamos para a Asociación de Medios en Galego, xa en 2012 para o Festival Vitaminas para o Galego ou o Festival dos Medios en Galego organizado en 2020 no Casino1889.

O grupo lémbrase tamén na súa despedida dos Ovidio, a Joki, a Miguel600, a Gerardo e “un cariño especial a Tomás e Patricia, pilares fundamentais do grupo”.

Con todo, aínda invitan “bailen, Hostia”, no seu último bolo, que será o 22 de febreiro en Bruxelas, no EmigraSon.

Polo menos nos deixan un último single, "Bicos".

 

Galería de Terbutalina

Imaxe dun concerto en Cee de Terbutalina. Foto: Marcos Rodríguez
Imaxe dun concerto en Cee de Terbutalina. Foto: Marcos Rodríguez
Terbutalina nun concerto en Cee. Foto: Marcos Rodríguez
Terbutalina en 2011
Terbutalina en 2011
/media/quepasanacosta/images/2011/11/03/Os-Migui-Mon-Samuel-e-Brais-forman-Terbutalina.jpg
Mon, Migui, Brais e Samuel, a primeira formación de Terbutalina
Terbutalina en 2012 no 20 aniversario da AC Canle de Lira
Terbutalina no Nordestazo de Malpica de 2014
Terbutalina no Nordestazo de Malpica de 2014
Os 5 asmáticos de Terbutalina xa en 2015
Os 5 asmáticos de Terbutalina xa en 2015
Terbutalina-coa-camiseta-do-Volantes-no-Festival-Castelo-Rock-2018-Foto-Ollalla-Dopico-Carron.jpg
Migui coa camiseta do Volantes no Castelo Rock 2018-Foto-Ollalla Dopico Carron
Terbutalina no Asaghieiras 2018
Terbutalina no Asaghieiras 2018
Terbutalina no Castelo Rock 2024-Foto-Daniel Cruz
Mon no Castelo Rock 2024-Foto-Daniel Cruz

 

   

Máis novas de Terbutalina

Comentarios