Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo


Moi fans declarámonos da banda muradá Terbutalina. O seu enerxético punk é aire fresco nunha Costa da Morte plegada á ditadura da verbena.
Pois seguen creando e están a piques de presentar o seu 8º disco, que se di pronto. "Al Otomano se le va la mano" chega máis "bailongo" que nunca, co single "Sudar sangre" na cabeceira. E verá a luz este mércores 11 de novembro.
As novas once cancións da banda estarán dispoñibles, como é marca da casa, en libre descarga en formato dixital desde as súas distintas plataformas web, mais nesta ocasión haberá unha gran novidade: será o primeiro traballo da banda en ter edición física, en vinilo.
Polo de pronto, xa podemos disfrutar deste Sudar Sangre, obra de Producciones Mutantes:
Datos do disco
Os selos encargados de lanzar o seu disco serán Folc Records (Guadalupe Plata, The Phantom Keys, Los Chicos, MFC Chicken) e Grabaciones de Impacto (Drunk Mums, The Cubical, Nave Nodriza).
O disco gravouse no Estudio A Ponte (Roxos), onde xa gravaran o seu anterior traballo, A MUERTE, que resultou escollido Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente. Foi gravado ao vivo en cinta analóxica. Do máster encargouse Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics), de Ghetto Recorders en Detroit.
Festa de Presentación
O disco presentarase na Sala Capitol de Compostela o 28 de novembro, nunha festa na que estarán acompañados da banda cántabra Lupers.
Neste concerto gravarase o novo videoclip da banda e (ollo!) quen acuda á festa lucindo camisa de flores terá un CD de agasallo!
Así que xa poden Mercar entradas online / A Reixa Tenda.
Ligazóns:- http://www.terbutalina.net
- http://terbutalina.bandcamp.com
- http://www.facebook.com/terbutalina
- http://twitter.com/terbutalina
- http://instagram.com/terbutalina
Novas relacionadas
- Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- Terbutalina vai A Muerte nos Premios da Música Independiente.
- Febreiro 2015: Aos Terbutalina váiselle a pinza.
- Febreiro 2013: Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
- Xullo 2012: Xira Funeraria con Terbutalina.
- O poeta punki.
- Maio 2012: Os Terbutalina reparten Hostias para todos.
- Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego.
- Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora.
- Setembro 2011: Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador.
- Marzo 2011: A banda muradá Terbutalina presenta o seu primeiro traballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).