Unha ollada aos premios do Rali Fotográfico do Rumial
Que os veráns son máis que sol e praia teñeno clarísmo en Campo de Cortes (Muros), por eso, aproveitan esta época para preparar actividades fotográficas que despois se presentan durante o outono e todo ano a través do seu calendario cheo de imaxes da zona.
Nestes días podemos ver no pozo do cachón a exposción de fotografías do II Rali Fotográfico Espiritu Santo acompañadas dunha seríe fotográfica "Néboa" de Mino Andrade. O rali celebrouse o 31 de agosto cunha participación de mais de 40 fotógrafos, moitos deles recen rematado o curso nivel II de fotografia realizado pola Asociación O Rumial, nesta ocasión realizaron a ruta Campo de Cortes - Jallambau, ruta verde cunhas vistas impresionantes do Concello.
Como non hai rali sen premios, estes foron os resultados:
Categoría compacta - Gañador: Pedro Otero Lestón
Categoría Reflex: Gañador: Jose Ramon (Xota)
Categoría Reflex - Finalista: Maria João Matos
Categoría Ata 14 anos - Gañador: Daniel Romero
Categoría Ata 14 anos - Finalista: Marina Andrade
Premios Especiais as series - Gañador: Manuel Fernandez Rey pola serie "o noso Rally"
Manuel Fernandez Rey - Serie Néboa
Esta imaxe forma parte da serie Néboa de Mino Andrade, o fotógrafo que xunto coa Asociación organiza os eventos deste tipo e expón a súa serie no Pozo do Cachón conxuntamente cos do rali.
Novas relacionadas
- A festa da fotografía celebrouse en Muros.
- A Pedestre do Espírito Santo abriu un mes de Carreiras pola Costa.
- 2013: Unha viaxe por Muros a través dos obxectivos dos gañadores do Rali Fotográfico.
- 2013: 43 fotógrafos descubriron os detalles de Muros no Rali do Espírito Santo.
- Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa.
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).