Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Unha parodia muradá para facer Travesuras ao Enrique Iglesias

Unha parodia muradá para facer Travesuras ao Enrique Iglesias

Xa levan máis de 2100 visitas en apenas un par de días, e non cremos que consigan a repercusión do vídeoclip “galego” de Enrique Iglesias. Pero tampouco lle custará á Xunta os 300.000€ cos que decidiron promocionar o turismo galego.

Aí están os muradáns Sergio Rama e David López, facendo de Sergi Jam e Chica guapa nesta simpática parodia do “Travesuras” de Nicky Jam. Unha parodia que serve para ridiculizar o investimento da Secretaría Xeral de Cultura de 300.000€ a Enrique Iglesias para un video que non se sabe se se graba en Hawai ou en Córdoba. Este foi unha das ducias de proposytas simpáticas que saíron pola rede a raíz do asunto.

“A idea orixinal xurdíu para darlle unha sorpresa a un amigo noso que será pai fai pouco, e para demostrarlle que sen presuposto e sen medios, un pode facer un vídeo algo elaborado”, explícanos un dos culpables, José Ramón Pais, que esperemos que nos deleite no futuro con máis travesuras audiovisuais en clave de humor coa esta.

Outras grandes parodias costeiras

Lémbranos esta achega muradá outras grandes actuacións costeiras, como os sinvergonzas da Frikifesta de VimianZoo, ou o máis sonado, o Ghañan Style, que mesmo celebraron os 50 anos da #CopadaCosta ou bailaron o Pitiño Pío.

Houbo tamén un baile completo co Harlem Shake “made in Costa da Morte”. E tamén tamén que lembrar a parodia corrupta, pero moi seria en clave de animación, de Un Sitio Distinto.

Novas relacionadas

Fonte

Parodia-dende-Muros-das-Travesuras-de-Nicky-Jam

Comentarios