luns. 02.12.2024
El tiempo

A Biblioteca dos Muíños recibe o Premio Nacional ás Boas Prácticas

A Biblioteca dos Muíños recibe o Premio Nacional ás Boas Prácticas
Canto nos alegra ver que as propostas innnovadoras que nacena na Costa da Morte sexan recoñecidas. Nós sempre falamos da Escolas do C.E.I.P. "Os Muíños", á que xa temos bautizado como a Escola sen libros, polo uso que fan das novas tecnoloxías como auténticas ferrametnas educativas. E tanto traballo ten o seu premio, como que o reibiu estes días: o 3º Premio Nacional ás Boas Prácticas na Biblioteca Escolar, dotado con 7.000€. O premio é un recoñecemento ao traballo realizado para desenvolver estratexias que levasen a colocar os medios da biblioteca ao servizo da comunidade educativa, valorando a integración no currículo e a participación de profesorado, alumnado, familias e outras institucións. Nesta convocatoria, 8 dos 24 centros premiados foron centros galegos, o que demostra que as bibliotecas galegas siguen a ser referencia no estado español, tal e como parece atestiguar o resultado do último informe PISA.

Exemplos práctivos

Para informarnos desta nova, a directiva dos muíños diríxennos ata un dos seus blogs: O niño da curuxa, o blog da biblioteca. Aí podedes ver o tremendo dossier que enviaron ao concurso. Parabéns ao equipo directivo, a cada mestre, e a todos os alumnos do centro muxián, un exemplo para toda a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios