Martes. 17.09.2019
El tiempo

A Fundación López Abente premiou a viaxe ás nosas aldeas de Emma Pedreira

A Fundación López Abente premiou a viaxe ás nosas aldeas de Emma Pedreira
Emma Pedreira recollendo o Premio Lopez Abtene 2015

Sempre son emotivos os actos da Fundación Gonzalo López Abente, pero cando ademais o evento tórnase unha volta ás aldeas da infancia, Muxía cobra unha cor especial. O pasado sábado o Salón do Volunariado acollía a entrega do III Premio de Poesía GLA que este ano recaeu na poeta coruñesa Emma Pedreira co poemario S/T (Sen Terra).

Moi emotivas foron os poemas de Emma, que recolle esa visión dunha rapaza de aldea que vive nunha cidade e que perdeu as súas imaxes, os seus lugares de infancia. Unha realidade que sempre foi unha constante triste na nosa emigrante comarca, como en todo o país.

O xurado do III Premio Lopez Abente Rivadulla Corcon Modesto Fraga e Miguel Mato Fondo

Ademais, estivo presente tamén o poeta Laureano Xaquín Araújo, autor premiado o ano anterior pola obra “Os días condenados”, e que non puidera na entrega daquela, por encontrarse en Alemaña.

O xurado do Premio formado polos poetas Modesto Fraga, Miguel Mato Fondo e Rivadulla Corcón detacou a calidade dos libros premiados.

A conferencia do acto recaeu en Xosé Luis Vilela Conde, director de La Voz de Galicia. O xornalista nado en Muxía e que aprendeu a ler de pequeno nos poemarios de López Abente que súa nai tiña como devocionarios.

Para acompañar o acto estiveron o coro Virxe da Barca e as pandareteiras Abaladeiras de Muxía que interpretaron con talento poemas do autor muxián.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios