A Garda Civil de Muxía sorprende a un home roubando nas obras do parador

20:19 27/05/13

Axentes da Garda Civil de Muxía sorprenderon onte de madrugada a un home, nas proximidades das obras do Parador de Muxía, cando transportaba nun turismo da súa propiedade tres bidóns de gasoil con 40 litros, dous dispensadores de jabón e distintos efectos de higiene. Ao preguntarlle os gardas pola procedencia dos artigos, o home non soubo acreditala de forma coherente. Con posterioridad os responsables da investigación fixeron xestións co encargado da empresa que realiza as obras e puideron constatar que efectivamente subtraeran os obxectos que o agora imputado levaba no coche. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado Número Uno de Corcubión.
Novas relacionadas
- Piden a declaración das dunas de Lourido como Espazo Natural de Interese Local.
- O Parador volve a actualidade cun campo de golf.
- Vaga de roubos en Baio tras a festa de Monte Torán.
Fonte
- Nota de prensa da GC.