Os anos 60 da Romaría da Virxe da Barca, no Museo do Pobo Galego
O doutor en antropoloxía Gustav Henningsen chegou a Galicia en 1965 cunha bolsa da Universidade de Copenhague, co fin de investigar para a súa tese crenzas e tradicións vinculadas á historiografía da bruxería. Durante tres anos percorreu pobos e aldeas xunto á súa muller Marisa, achegándose a todo tipo de tradicións, ritos e prácticas ancestrais, que recompilou nunha valiosa documentación fotográfica e oral.
Unha das súas paradas foi a Romaría da Virxe da Barca, como recolle a mostra “Galicia Máxica: Romarías e santuarios” que alberga o Museo do Pobo Galego. O director do Museo, o muxián Manuel Vilar invítanos a comprobalo, e a degustar as 4 imaxes que a mostra ten da romaría muxiá ou, por exemplo, da romaría dos Milagres de Caión, aproveitando a coincidencia no tempo do peche da exposición coa celebración destas dúas romarías.
Na exposición inclúense catro fotos da romaría da Virxe da Barca. Nas imaxes podemos ver unha vista xeral do santuario e outras imaxes nas que se mostran aos romeiros nos rituais de abalar a pedra e de pasar por debaixo da pedra dos Cadrís.
Lembra Vilar que “o santuario e a romaría da Virxe da Barca ten chamado a atención dos estudosos e dos literatos desde tempos atrás. Son coñecidas as referencias de Juan de Villafane, Antonio Riobóo e Seixas ou do Padre Sarmiento. Tamén escritores como Gonzalo López Abente, Ernesto Guerra da Cal ou poetas como Rosalía de Castro (co poema de sobra coñecido incluído en Cantares Gallegos) ou, xa no século XX, Federico García Lorca, quen non chegou a estar en Muxía pero deixou pegada da romaría en Seis poemas galegos. Poderíase destacar tamén a breve nota que sobre a pedra de Abalar publica en 1925 a revista Man do Royal Institute of Anthropology de Londres. Esta atracción continúa e así o demostran as fotos do propio Gustav Henningsen ou máis recentemente o estudo dos folcloristas americanos Eugene Valentine e Kristin Bervig Valentine (por citar só dous exemplos de fóra)”.
Aberta ao público ata o próximo 22 de setembro
A mostra fotográfica de Gustav Henningsen, que se poderá ver ata o próximo 22 de setembro, abarca un percorrido por máis de 80 imaxes nos que se pode contemplar como as romarías combinan o carácter sacro e o profano.
Novas relacionadas
- Programa da Romaría da Virxe da Barca 2019
- Manuel Vilar, novo Director do Museo do Pobo Galego.
- Os carteis da Romaría da Virxe de Barca dende 1933, nunha exposición.
Novas de fotografía antiga
- Na casa de Ramón Caamaño.
- Quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o fondo de Ramón Caamaño?
- Xullo 19: O Arquivo Vidal xa é Ben de Interese Cultural.
- Xuño 19: A historia de Muros en 15 fotografías de Juan Málvarez.
- Abril 19: A historia do Arquivo Fotográfico Vidal.
- Abril 19: Laxe estreou unha potente exposición sobre a vida e obra de Vidal.
- Agosto 18: O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión.
- José Vidal, “o fotógrafo da xente”. O libro de Xan Fernández Carrera.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”
Artigos relacionados
- Galicia escura, Fisterra viva. Muxía: crónica dunha aspiración.
- A Costa da Morte de Ramón Caamaño en 45 imaxes.
- Viki Rivadulla: “O legado de Caamaño ten o problema da necesidade de cartos que conleva recuperar todo iso”.
- Xan Fdez. Carrera: “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.
- Manuel Vilar: Visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. A fotografía como documento e patrimonio cultural.