1ª FUTGAL: 4 costeiros entre os 7 primeiros
Espectacular está sendo este comezo de curso para os equipos costeiros na 1ª. 4 dos nosos (2 recén ascendidos, como son Muxía e Castriz) están entre os 7 primeiros cando xa levamos 15 xornadas, sendo todo un fito histórico para a comarca.
Mención especial para o Dumbría, que este ano ten demostrado que aspira a todo. Onte venceu o derbi en Esteiro, e suma xa 9 partidos sen perder, mantendo o ritmo do potente Carral (que goleu en Verdillo), e a tiro de 2 partidos do invicto Club do Mar.
Muxía (nunha xornada marcada pola fermosa homenaxe a Raúl Lema), Fisterra, e Catriz sumaban os 3 puntos e se afianzan nese terceiro e cómodo vagón, con permiso dunha Esteira que leva merecido algo máis neste comezo de liga. Pechando a táboa segue o San Lorenzo, que vai necesitar un cambio de dinámica se quere saír do pozo. Con todo, apenas son 9 puntos os que separan ao equipo de Iván Rojo da salvación.
A loita polo Pichichi
Ollo como está a cousa para o pichichi, que temos a dous fisterráns entre os 3 máximos goleadors: Isaac Fábregas (Fisterra) fixo un triplete e xa leva 17 goles; e Diego Estévez (Dumbría) fixo dous e leva 14. No medio, con 15, está Adrián García (Calo) e con 10, Borja Gándara (Castriz).
Vista Alegre - Castriz (2-4)
- Castriz: Iván Fraga, Fabián, Samuel Castro, Brais, Marcs Mouro, Iván Facal, Borja Gándara, Pastoriza, Adrián Garcí, Alberto Campos, Noli. Tamén: Coke, Elvis, Rodo, Anxo e Saúl.
- Goles: 1-0, m.15: Carlo de penalti; 1-1, m.18: Brais; 1-2, m.32: Adrián García cun golazo; 1-3, m.46: Borja Gándara de cabeza a centro de Iván Pastoriza; 2-3, m.53: Antón; 2-4, m.88: Rodo a pase de Saúl.
Partido frío, sen tensión competitiva, que parecía que non se xogaban nada os dous equipos. O cadro xalleiro perdía a concentración nas marcas a balón parado, dando facilidades aos locais, se ben con balón estiveron finos, combinando ben, trenzando e chegando a gol. Pero eran os locais os que se adiantaban cun penalti innecesario.
Pronto respondeu o cadro visitante cos tantos de Brais e de Adrián García, este un golazo. e ben puido chegar algún máis pero Iván Facal mandou unha falta á cruceta, e Borja Gándara tivo un balón ao longueiro e un man a man que non acertou.
Nada máis sacar de centro na segunda unha boa xogada colectiva, Borja ampliaba a renda. Parecía que ían sentenciar, pero noutra falta colgada os locais se meteron no partido. O partido estaba sempre máis cerca do cuarto dos xalleiros, que do empate, pero cada xogada a balón parado era un medo para os de Miguel Chouza. Foron pasando así os minutos ata que Rodo puxo a punteira para rematar un centro de Rodo e sentenciar a vitoria.
Esteirana - Dumbría (1-3)
- Esteirana: MJ, Simón, Godo, Pachi, Adrián, Antón, Pablo Rama, Oli, Piki, Elías, Adán. Tamén: Rober Pladur, Kevin; Bieito, Tobío.
- Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Braus, Alex Marcote, Toni, Lucas, Dani Chao, Baba, Xabi Castro e Estévez. Tamén: Juanjo, Breixo, Iago, Quique, Adrián Periscal e Isma Antelo.
- Gol: 0-1, m.20: Diego Estévez; 0-2, m.40: Mataso; 0-3, m.55: Estévez; 1-3, m.67: Antón.
Saía a Esteirana intentando quitarlle o balón ao Dumbría, e saían moi fortes ao principio pero cometeron serios erros na saída de balón ante a boa presión dumbriesa que lle custaron caros. O partido comezaba moi igualado, e aos 20 minutos unha boa transición dumbriesa abría o marcador. Tivo o empate o cadro de Iván González pero o remate de cabeza mandouno Anxo ao longueiro. Nese córner a favor, un xogador esteirán perde o balón na frontal, e o Dumbría monta unha contra letal que supoña o segundo ao fío do descanso, un duro golpe.
Saían mellor os locais na segunda, pero outra perda de balón permitía a Estévez facer o terceiro para os de Pablo Conde. Recurtaron os locais, pero o marcador non perigrou e mesmo o Dumbría puido ampliar a vantaxe.
San Lorenzo - Carral (1-6)
- San Lorenzo: Mario, Pablo Rod., Isma Pena, Javi, Baldo, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Alberto Campos, Iago López, Riki e Arantón. Tamén: Benja, Raúl, Alex Taibo, Ragusa, Rubén e Ugo Rey.
- Goles: 0-1, m.1: Sergio Iglesias; 0-2, m.30: Alex López; 03, m.44: David Parga; 0-4, m.54: Miguel Iglesias; 0-5, m.58: Miguel Iglesias; 0-6, m.71: Quique Seoane; 1-6, m.79: Riki.
O San Lorenzo caeu con contundencia ante o UD Carral nun partido que comezou con moita intensidade por parte dos dous equipos. O equipo de Iván Rojo tivo varias ocasións claras para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto segue a ser un dos grandes cabalos de batalla do equipo. No primeiro achegamento, o rival xa marcaba, ampliando a renda á media hora e marcando o terceiro ao fío do descanso, un duro golpe anímico.
Na segunda metade, o San Lorenzo tentou reaccionar, pero o cuarto gol visitante, apenas aaos cinco minutos de xogo, deixou sentenciado o partido. Con superioridade no xogo e na eficacia, o UD Carral ampliou a súa vantaxe con dous goles máis, subindo o marcador a un contundente 0-6. Nos minutos finais, o San Lorenzo seguiu pelexando e Riki, conseguiu o gol da honra que fixo o 1-6 definitivo.
Muxía - Agolada (3-1)
- Muxía: Adrián, Mateo, Congui, Carlos Costa, Darío, Víctor Alcaina, Julián, Iago, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Manu Martínez, Adam, Fabián e Baamil.
- Goles: 1-0, m.8: en propia tras unha boa xogada de Iago; 2-0, m.32: Mauro Romaní; 3-0, m.82: Manu Martínez; 3-1, m.91: David Val.
Gran partido do Muxía de Pataca. Os corviños fixeron unha primeira parte excepcional, marcando moi pronto, seguiron percutindo (Fran tivo dous mans a mans co porteiro) sendo Mauro o que faría o segundo á media hora.
Tralo descanso os locais parecían máis relaxados, e o partido estivo en terra de ninguém durante moito minutos. Os cambios déronlle aire ao cadro vermello, e Manu Martínez ampliaría a renda. Na ultima xogada e tras un despiste, cederon o gol da honra para o Agolada.
Fisterra - Vizoño (3-0)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Rubén, Lobelos, Juan Trillo, Jano, Bruno, Guille, Isaac Fábregas. Tamén: Ángel, Romero, Aarón, Miguel.
- Goles: 1-0, m.11: Isaac Fábregas a pase de Dani; 2-0, m.46: Isaac Fábregas tras un balón metido por Bruno; 3-0, m.58: Isaac Fábregas a pase de Lobelos.
Fixeron os de Diego Lobelos un dos mellores partidos da temporada, seguramente un dos máis completo, sumando o segundo partido con portería a cero, con 8 goles) a favor ante outro rival directo nese segundo vagón.
Os visitantes fixeron un bo partido de medio campo para arriba, pero desta volta a defensa fisterrá estivo espectacular, acompañados de Guille e Bruno xerando moito perigo, pero sobre todo con Isaac Fábregas, “o mellor xogador da Costa, e hai que dicilo”, sinala Diego Lobelos, que “semana tras semana é unha exhibición”.
Avisaron os fisterráns xa cun par de tiros lonxanos e pronto o 9 local abría o marcador a pase de Dani. Cedeulle unha a Rubén o propio Isaac para facer o segundo, pero non daba entrado o segundo, nin nas chegadas de Bruno, Guille ou os tiros de Lobelos e Dani.
Pero nada máis saír dos vestiario na segunda, Isaac gaña a posición a un pase de Bruno e define no man a man. Teñen aí os visitantes un par de remates de córners coa saída de Diatta Koukilouty, pero non entraron. E na outra área Bruno percutía unha e outra vez, pero se atopou cun porteiro visitante espléndido. Foi Isaac o que fixo o terceiro, gracias aos seus desmarques e calidade na definición, para sentenciar o choque.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.