Chantada será o pregoeiro da Romaría da Barca
En plena Semana Cultural da Barca, o Concello de Muxía dá conta do pregoeiro para a gran Romaría da Virxe da Barca. O pregón da festa por excelencia na Costa da Morte será leído este ano por José Antonio Rodriguez Fernández, máis coñecido polo alcume de "Chantada”.
Chantada foi mestre e director do Centro Educativo de Muxía polos anos 80, e é unha persoa moi querida en Muxía xa que se converteu nun muxián máis, implicándose na vida da vila , sendo unha persoa moi activa que contribuíu a dinamizar a vida cultural e social naqueles anos.
Cando recibiu a chamada do Alcalde, Félix Porto, para convidalo a dar o pregón, Chantada mostrouse moi orgulloso.
O pregón, que será o pistoletazo de saída para as Festas será o venres 12 de setembro ás 20:30h no Cabo da Vila.
Novas relacionadas
- Unha Semana chea de cultura para preparar a Barca.
- O Santuario da Virxe da Barca estará rematado antes de que remate o 2014.
- A Romaría da Barca pechará o verán por todo o alto.
Máis novas
- Festas da Barca 2013: A Romaría da Barca non baixa o ritmo.
- Festas da Barca 2012: Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca.
- Festas da Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Festas da Barca 2010: A Festa das Festas.
- Festas da Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Festas da Barca 2007: A Barca by Dani.
- A historia da Romaría da Barca, por Manuel Vilar.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Fonte
- Concello de Muxía.