luns. 13.01.2025
El tiempo

O Concello de Muxía pide á Deputación retomar o convenio asinado para a rehabilitación do polideportivo

muxía - polideportivo 2
O Concello de Muxía pide á Deputación retomar o convenio asinado para a rehabilitación do polideportivo

Hai pouco máis dun ano a Deputación anunciaba unha subvención para a rehabilitación do pavillón polideportivo de Muxía. Porén, a obra nunca se chegou a desenvolver. 

O deterioro continúa, e o Concello de Muxía solicitou hoxe unha nova reunión co presidente da Deputación da Coruña para rescatar o proxecto. O Concello demándalle, por segunda vez, ao ente provincial, retomar esta prometida actuación para mellorar tanto a súa estética como a súa funcionalidade.
Entre as melloras previstas inclúese a creación dun ximnasio, salas equipadas, unha zona de descanso e unha cafetería autoservizo, ademais doutras actuacións que converterán o polideportivo nun espazo máis moderno e versátil.

muxía - polideportivo 3

Comentarios