venres. 17.01.2025
El tiempo

O Concello de Muxía ten lista a nova licitación do SAF

traballaduras do SAF de Muxa esixindo o seu soldo
Imaxe das traballaduras do SAF de Muxía nun pleno esixindo o seu soldo en 2023
O Concello de Muxía ten lista a nova licitación do SAF

Leva moito tempo sendo un dos grandes cabalos de batalla da vida municipal en Muxía. Ben é certo que é un dos servizos que máis problemas provoca nos Concellos rurais, pola deixadez de funcións da Xunta de Galicia. Pero a responsabilidade municipal tamén é patente, e moitos optan por deixar pasar os problemas, e ir asinando irresponsables prórrogas ano a ano dos contratos, que o único que provocan é un ma servizo e unha precarización das traballadoras. Unha situación que provocou manifestacións en Muxía durante os últimos 2 anos, ata o pasado mes de febreiro, cando a empresa concesionaria busca unha solución alternativa para paliar os poblemas cos pagos a pesar do "encabuxamento" do ex rexedor Iago Toba.

Falamos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que deixará de ser un problema social gracias ao primeiro compromiso importante acadado polo novo goberno bipartito formado por Independentes de Muxía e o PP. O grupo levará ao pleno deste xoves 19 de decembr (20:00h), a aprobación a licitación do expediente de contratación do SAF, por un importe de 440.279,28 euros.

O alcalde, Javier Sar, destacou a importancia de levar a cabo esta licitación en tan pouco tempo: “Unha das prioridades que nos marcamos desde a nosa chegada á alcaldía foi licitar o SAF. Este paso supón reforzar e garantir os servizos públicos, o que é a nosa máxima como goberno.”

Pola súa parte, a tenente de alcalde, Sandra Vilela, salientou: “Este goberno conseguiu, en só dous meses de traballo, o que o anterior executivo non foi capaz de facer en cinco anos de mandato.”

Máis novas

Comentarios