Xoves. 02.05.2024
El tiempo

De solpor polo Camiño dos Faros

De solpor polo Camiño dos Faros
110 trasnos percorreron o Camiño dos Faros entre Camariñas e Muxía

Se por Carballo disfrutaron das Terras do Marqués con Senda Nova, polo sur da bisbarra 110 trasnos disfrutaron dun sábado espectacular para percorrer os 32 km desta longa etapa unía Camariñas e Muxía. Foron máis de 9 horas de camiñada pero cada parada, cada paisaxe, merece a pena vivila. Ademais, que fose tan longa permitiu que os trasnos puidesen disfrutar dun deses eventos naturais que pasan todos os días pero nos que ás veces non reparamos: o solpor, un mito xa no litoral atlántico da Costa da Morte

Arrincaba a etapa descrubindo as marabillas de Camariñas, como a praia Area da Vila e Lingunde, ou a Ensenada da Basea e Xaviña. E que dixir da Ruta da Insua ata a Praia de Ariño, un tesouro.
De aí xa ata a Ponte do Porto para cruzar cara o paseo fluvial en dirección a Cereixo, co seu muíño de marea, a igrexa de Santiago e as Torres de Cereixo.
Bosque ata a praia de Area Grande para baixar ata a desembocadura do Río Grande. Praia de Leis, praia do Lago, Merexo, muíños do río negro... Vedes que todos estes son fermosos Recunchos da Costa.

O final da etapa foi o máis espectacular. Atraversaron Muxía en dirección á Igrexa de Santa María para, desde a súa campanario, alcanzar a cima do Monte Corpiño e contemplar outra estupenda posta de sol deste "Camiño dos Faros". Desde alí, baixaron cara á Punta da Barca, co faro, o santuario da Virxe da Barca e todas esas pedras que fan este lugar máxico.

Os Trasnos do Camino dos Faros entre Camarinas e Muxia xa facendose de noite

Vindeira etapa

A 7ª etapa, entre Muxía e Nemiña, se celebrará o vindeo sábado 6 de decembro.

Últimas novas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios