martes. 13.05.2025
El tiempo

Este sábado Asoar-Armega coordinará unha limpeza da ría en Muxía

Este sábado Asoar-Armega coordinará unha limpeza da ría en Muxía
Imaxe da limpeza da ría de Camariñas no 2009 con Asoar Armega

A ASOAR-ARMEGA está a organizar para este vindeiro sábado 1 de decembro, despois de ter que ser suspendida a semana pasada por mor das malas condicións metereolóxicas, unha nova xornada voluntaria de limpeza de fondos mariños e actividades medioambientais, e xa van 15, enmarcadas no proxecto “Limpando as nosas rías”, que a Entidade ven levando a cabo dende o ano 2007 por todo o litoral galego.

Colaboran na súa organización o Concello e a Confraría de Muxía, e, ao igual que nas últimas ocasións cóntase coa colaboración da Fundación Biodiversidade. Participarán, de novo na xornada a CEMMA e o Club do Mar de Ferrol, que aportarán buzos e voluntarios en terra, sendo varias embarcacións adscritas á Confraría de Muxía quenes se encarguen de levantar os residuos encontrados polos buzos e levalos a terra, tamén cooperará Protección Civil de Muxía, que se encargará de, ademáis de realizar tarefas de seguridade, trasladar os buzos ás zonas de limpeza. Pero ademais existen voluntarios que a título individual, e xornada a xornada, procuran participar e votar unha man nas actividades.

Desenvolvemento

Así, a xuntanza dos participantes no porto está prevista para as 10 da mañán, e dende esa hora ata as 2 da tarde terán lugar diferentes actividades:

Reunidos no porto os participantes e acordado e distribuído o traballo de cada un deles, os buzos sairán cara o mar na procura de residuos que están a contaminar os fondos mariños, visualizados estes ánclanse con uns ganchos a unhas boias para que, posteriormente unha vez libre a zona de buceadores, as embarcacións máis grandes procedan a izalos a bordo e traslados a porto. Alí un camión grúa depositaráos en terra, e un grupo de voluntarios encargaránse de limpalos de lodo e clasificalos segundo a súa composición, para colocalos nos contenedores instalados a tal efecto.

Outro grupo de voluntarios encargarase de recuperar os animais mariños que veñen adheridos aos residuos (habitualmente estrelas, ourizos, mexilóns e pequenos peixes) para depositalos en baldes con auga limpa. A continuación levarase a cabo un taller de educación ambiental cos máis pequenos que se acheguen polo porto, para o que xa se ten enviado aviso aos centros escolares a través do Concello, sendo eles quenes se encarguen de limpar estas especies e depositalos en acuarios, para poder observalos de preto, e con axuda de varios técnicos, aprender nocións básicas sobre a súa bioloxía.

Finalmente estes animais recuperados serán devoltos ao mar polos nenos ao final da mañá. Así e como as previsións metereolóxicas apuntan a que durante a mañán do sábado se produzan chubascos ocasionais, habilitarase un espazo na lonxa para que os máis pequenos estén a cuberto mentras se desenrolan estas actividades de educación ambiental.

Limpando, pero tamén concienciando

Aínda que o primeiro obxectivo das xornadas é retirar dos fondos mariños aqueles residuos que os están a contaminar, a principal fin é a de concienciar a toda a sociedade na importancia de coidar, protexer e respetar o ecosistema mariño e o seu entorno. Así, e aínda que non o aparenta porque non o vemos, os fondos mariños están pragados de residuos, e sacándoos a luz poderemos recordar, unha vez máis, que o mar non é un basureiro, aínda que as veces, pola cantidade e variedade de residuos atopados (lavadoras, colchóns, neumáticos, bicis, teléfonos, …), ben parecera que moitos así o consideran.

A xornada rematará as 14:00 horas.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios