Sábado. 04.07.2020
El tiempo

A estrada a Touriñán, tras anos de demandas veciñais, por fin será mellorada

Andaina realizada en 2017 pola veciñanza da zona para o arranxo da estrada de Touriñán
Andaina realizada en 2017 pola veciñanza da zona para o arranxo da estrada de Touriñán
A estrada a Touriñán, tras anos de demandas veciñais, por fin será mellorada

Unha demanda veciñal dende hai polo menos 3 anos, que chegou provocar toda unha Andaina reivindicativa e pola que aínda o pasado mes de febreiro estaban collendo firmas. Pero parece que, por fin, a estrada de Touriñán será renovada nun dos proxectos máis necesarios en materia de infraestruturas da comarca, que poñen en valor un espazo de enorme importancia turística, natural e paisaxístico.

Así o anuncia o concello despois do convenio coa Autoridade Portuaria, polo que os traballos comezarán de xeito inmediato. Sefrá a mellora de 11 quilómetros e 480 metros, dunha estrada qu comezo na estrada CP-2301, que discorre entre os municipios de Cee e Muxía.

En total, o proxecto suporá un total de 636.014,55 euros, e está prevista a súa execución durante este verán. Un proxecto que completa o plan de investimentos por 2,5 millóns aprobados no pasado pleno.

Estrada Touriñán
Estado actual da estrada a Touriñán

Novas relacionadas

comentarios