Venres. 29.03.2024
El tiempo

José Antonio Devesa releva a Alberto Blanco na cabeza do PP de Muxía

José Antonio Devesa releva a Alberto Blanco na cabeza do PP de Muxía

Trala presentación da nova xestora do PP de Cee, o PP provincial segue coa súa renovación e vén de presentar os membros da Xestora do PP de Muxía. E unha nova cabeza asomará dende xa na vida política, que non é outra que a de José Antonio Devesa Castiñeira, coñecido na vila trala súa loita contra a ampliación da piscifactoría de Merexo, o seu lugar de orixe.

Devesa tomará a substitución do exalcalde muxián, Alberto Blanco, de quen o secretario provincial Álvarez-Campana destacou que "é o autor material e intelectual deste proceso de renovación do PP local e ademais é un dos artífices do parador e dos logros conseguidos na localidade".

Respecto da nova xestora, o dirixente popular Diego Calvo animou aos novos integrantes a que "continúen co bo traballo realizado durante anos, pero sobre todo que saiban ser os receptores dos problemas dos veciños, porque tedes un alcalde que só serve para facerse fotos, pero non consegue nada para Muxía".

Polo seu lado, o presidente saínte, Alberto Blanco, quixo agradecer o duro traballo realizado por todos os que formaron parte do PP muxían ao longo dos anos. Da súa etapa á fronte da Alcaldía, Blanco sinalou que "ser alcalde foi o máximo recoñecemento ao traballo realizado", pero tamén que espera que esta xunta local conte con todos, porque "todos facemos falta".

O novo presidente, José Antonio Devesa Castiñeira, quixo agradecer a confianza que depositou nel a directiva provincial para sacar este proxecto adiante e comentou que a súa intención é conseguir que "o PP muxián sexa a casa de todos", ademais de "un lugar no que podamos intercambiar debates e ideas que nos permita asegurar un futuro para Muxía".

Nova Xestora de Muxía

  • Presidente: José Antonio Devesa Castiñeira.
  • Secretaria: María Belén Lema Marcote.
  • Secretaria de Organización: Adela Barrientos Lema.
  • Tesoureira: Sandra Vilela Riveiro.

Vogais:

Comentarios